SI PULSAS SOBRE LAS ALTIGRAFÍAS Y FOTOS, PODRÁS VERLAS A TAMAÑO COMPLETO.


Agradecer a Salvador Hernández su ayuda en la configuración de este blog. Gracias Salva.



martes, 2 de noviembre de 2021

 SOCIEDADE DEPORTIVA O PINO


LOCALIDADE: O Pino
ESTADIO
:
Reboredo (550 espectadores)
ANO FUNDACIÓN: 1981
TEMPADAS EN PREFERENTE: 1

Para a sexta xornada tócanos un desprazamento ata Terras de Arzúa, concretamente ao Concello do Pino para xogar no pequeno campo de Reboredo o cal sita no lugar de O Pedrouzo. A verdade é que non sei o da toponímia de O Pino no canto de O Piñeiro; lémbrame ao concello de Lugo chamado As Nogais no canto de As Nogueiras. Tampouco son filólogo, así que ao mellor están ben; preguntareille á rapaza de Digocho Eu.

O concello do Pino, nos 132 kilómetros cadrados que ten, da cabida nas súas 13 parroquias a unhas 4600 persoas. (Chegou a ter 7800), e o feito de estar tan preto de Compostela, non lle valeu para gañar poboación como concello dormitorio. Atravesado polo Camiño de Santiago, os peregríns camiñan entre pastos e superficies forestais, que por desgraza convertíronse prácticamente en monocultivos do demo do eucalipto; de feito o Piñeiro que aparece no escudo ben o podían trocar polo invasor australiano. Tamén destacan as actividades gandeiras e a súa producción de queixos da denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

Unha vez superado animicamente o varapau da última xornada ante o Sigüeiro, toca erguerse e ir a por todas ao pequeno campo de Reboredo, onde xa a tempada pasada sufrimos unha derrota, que escoceu bastante, xa que era un deses encontros que se daban por gañados e a labazada de humildade foi das boas. Este ano xa imos sobre aviso, e máxime vendo que O Pino vai segundo clasificado con 12 puntos a un tan só do Arteixo con catro vitórias e tan só unha derrota; oito goles a favor e só dous en contra, así que moito ollo con este rival que ten o patrocinio de Cobre San Rafael, os mesmos que manchan a camiseta da SD Compostela e con tal de conseguir os seus obxectivos nesa bisbarra son capaces de meter canto carto sea preciso para contar co apoio da xente aínda que acaben con todo ao seu redor ca absurda disculpa de que crean postos de traballo. Hai moitísimos exemplos de que eso é mentira. Esto último é unha opinión persoal miña, para nada do CD Boiro. Tamén é opinión persoal miña, que prefiro ser dun equipo perdido por categorías provinciais antes de un que consiga estar en categoría nacional con cartos de empresas como Cobre San Rafael, ENCE, ou Reganosa entre outras. Ante todo, dignidade.

Non son moitos os datos históricos que puden recabar sobre o noso rival deste domingo, podo dicir que esta é a súa segunda tempada na Preferente, e no seu debut na pasada campaña non foi malo, se ben é certo que foi unha tempada na que moitas conclusións non se puderon sacar. Xogaron 10 encontros, dos que gañaron 3, empataron 1 e perderon 6, anotando 8 goles e encaixando 11. O debut foi en Noia onde perderon por 1-0. Ata a quinta xornada non chegaría nin o primeiro gol do equipo nin a primeira vitória que foi contra á SD Dubra por 2-1. O primeiro dos goles na preferente do Pino, meteríao un xogador do Dubra en propia meta, Javichu no minuto 10, e o 2-1 final sí que o anotaría xa un xogador do Pino, Jesús Sáinz. Rematarían a tempada no quinto posto, só por diante do Xallas.

Para mín eso é manchar o campo. (Facebook da SD O Pino)

A SD O Pino, estivo toda a súa história competindo principalmente na segunda e na terceira rexional, e o ascenso ata Preferente foi case meteórico, xa que na tempada 2016/17, o equipo estaba na Terceira Rexional, para acadar en tan só tres campañas o ascenso a Preferente, categoría na que teñen pensado asentarse, e quen sabe, se dar o salto á 3ª RFEF.

SD O Pino - Xallas

Enfrontamentos co noso Boiro só teño rexistrados os producidos o ano pasado, bueno, este ano, pero na tempada pasada, onde na terceira xornada recibimos a súa visita en Barraña e gañamos por 1-0 con gol de Benogo no minuto 15, e no encontro correspondente á oitava xornada onde levamos un sopapo de realidade e quizáis incluso de humildade, perdendo por 2-1 con goles para O Pino de David Pereiro no 26 e de Julito no 89, mentres que para o Boiro, anotaba Paco de penalti no 64. 


CD Boiro - SD O Pino (2020/21) (La Voz de G.)

Como xa expliquei os encontros entre o CD Boiro e a SD O Pino, xa non engado a táboa de enfrontamentos como outras veces; a que si engadirei será a das dez ultimas tempadas do noso rival na que podemos ver unha desastrosa campaña na 2013/14 para despois pouco a pouco chegar ata onde están agora. E a seguinte:

A tempada 14/15, xogouse a unha soa volta, e despois outra segunda fase con outros 11 encontros.

O terreo de xogo é de herba artificial cunhas dimensións de 95x57, sendo un dos máis pequenos da categoría. Se algún siareiro se quere achegar a animar ao noso clube e ir con tempo (non chega á hora o desprazamento) pode xantar na Casa de Comidas Santaia na rúa da Igrexa 10, ou no Escondido, o que non é complicado atopar, xa que está na rúa principal ou Avenida de Lugo 21 tamén, poden facelo no Bar Pedrouzo, onde dou fe de que teñen unha carne boísima, e que está xa na rúa que sube ao campo de futbol dende a estrada principal, ou nesa mesma estrada principal, xa saíndo de Arca, o GooGou. Para os que vaian ata o Campo de Reboredo, boa viaxe e volvede ca vitória!!!!

 

Campo de Reboredo (Futgal.es)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E dis de subir ata alá arriba?
E ti sei que me fodes!