SI PULSAS SOBRE LAS ALTIGRAFÍAS Y FOTOS, PODRÁS VERLAS A TAMAÑO COMPLETO.


Agradecer a Salvador Hernández su ayuda en la configuración de este blog. Gracias Salva.



martes, 16 de noviembre de 2021

 SOCIEDADE DEPORTIVA DUBRA



LOCALIDADE: Val do Dubra
ESTADIO: Xoan Baleato (800 espectadores 500 na bancada)
ANO FUNDACIÓN: 1970
TEMPADAS EN PREFERENTE: 13

Menuda saída tócanos rendir este domingo!!! Nin máis min menos que ao que quizais despois do Atl Arteixo, e xunto ao Paiosaco, sexa o equipo máis en forma do momento. Na táboa clasificatoria, polo de agora aparece sexto clasificado con 13 puntos, pero faino cun partido menos, o que estaba disputando contra o Xallas, e que tivo que suspenderse por mor dun apagón no minuto 54, momento no cal o noso rival deste domingo xa gañaba por 2-0, co cal, con tódolos meus respetos ao Xallas, podemos dicir que o Dubra vai segundo con 16 puntos a tres do líder Arteixo. Se contamos ese encontro suspendido como unha máis que presumible vitoria, os nosos contrincantes serían segundos con cinco vitórias, un empate (en Fisterra) e unha sorprendente derrota (na casa ante o Boimorto na segunda xornada). Leva 10 goles a favor e catro en contra. Así que polo de agora, o Dubra leva moi boas cartas para poder entrar á liguilla de ascenso a Terceira RFEF.

Val do Dubra é un concello pertencente á bisbarra de Santiago e nos seus 108,7 km cadrados da cabida a uns 3850 habitantes repartidos por 12 parroquias. A capital do mesmo é Bembibre que conta cuns 1110 habitantes a parroquia. Este concello, a mediados do século pasado, chegou a ter 7000 persoas censadas. O concello é bastante chanciño, cunha ribeira ao carón do río que da nome ao concello moi fermosa. As máximas altitudes son bastante humildes sendo Castelo con 569 metros a maior altitude do concello. Como curiosidade, a terceira maior altura é Montes de Boiro con 527 metros. Neses montes hai tamén unha aldea chamada Boiro, e atópase ao sair de Bembibre cara a Carballo a mán esquerda. Por desgraza, a superficie forestal neste concello é predominantemente o eucalipto e o piñeiro de crecemento rápido.

Vista aérea de Val do Dubra cos seus dous campos de fútbol.

A SD Dubra é un clásico da Preferente galega nestes últimos anos facendo a súa mellor campaña ata o de agora na 2015/16 na que acadaron o seu único ascenso a Terceira División, na tempada na que nós acadamos o título de campións desa división á que botamos xa bastante de menos. Por iso nunca xogamos entre nós en Terceira, xa que na súa única campaña nesa categoría, nos disfrutamos da competición en Segunda B.

Festexando o ascenso a Terceira (La Voz de Galicia)

O clube foi fundado no ano 1970 por Lino Oreiro sendo o seu primeiro presidente José Pombo. Foron xogando entre a Segunda e a Primeira Rexional ata a tempada 2006/07 na que acadaron o seu primer ascenso a Preferente da que xa non saíron agás esa campaña en Terceira División. A súa mellor clasificación ata o de agora foi na do ascenso, na que foron segundos con 76 puntos a dous do CD Castro que fora campión do grupo.

O primeiro partido da historia en Preferente da SD Dubra foi en Sada, onde empatarían a un, chegando a primeira vitória na xornada 3 en Burela ao gañar por 0-1. O debut en Terceira foi en Ribadumia onde perderon por 1-0. O primeiro gol na categoría foi na xornada 2 na casa ante o Céltiga no que remontaron un 0-2, sendo o primeiro tanto de Adrián Vázquez no minuto 35. Anos máis tarde este xogador sería adestrador do Dubra e actualmente está como analista na SD Compostela. A vitória non chegaría ata a novena xornada cun 2-1 ante o Silva. Finalmente serían penúltimos con 21 puntos, só por riba do Ordes e a 26 puntos da salvación.

O regreso a Preferente no foi mal, facendo unha boa campaña, pero a cousa pouco a pouco foi empeorando e na tempada da pandemia, cando se suspendeu a competición, iba de 16º clasificado. Se ben, na pasada a cousa foi bastante mellor chegando con opcións de poder entrar na fase de ascenso ata o último momento. De feito hubo alguna suspicacia pola vitória do Boiro en Noia na derradeira xornada da primeira fase e que deixaba á SD Dubra fora da loita polo ascenso.

Na penúltima xornada desa primeira fase hubo un emocionante Boiro 1 Dubra 1 o que deixaba ao noso equipo dependendo de si mesmo e ao Dubra agardando ao noso erro. Aquel encontró foi moi disputado e tenso, no que se adiantaran eles de penalti no minuto 24 anotando Josiño e metendo o medo no corpo á bancada de Barraña, un medo que non se foi ata o pitido final, a pesar de que no minuto 62, Juanma anotara tamén de penalti.

Boiro-Dubra (2020/21)

En total o Boiro e o Dubra coincidiron en Preferente en oito ocasións ata o de agora das trece que leva o Dubra nesta categoría (catorce ca actual) e hai que sumar outras dúas ocasións na Primeira Rexional, sendo a tempada 1994/95 a primeira vez que se viron as caras. En total dez veces en Barraña con cinco vitórias para o Boiro, tres empates e dúas derrotas, mentras que en Val do Dubra a bagaxe nos nove encontros (non se disputou o correspondente da 2019/2020) e de dúas vitórias, dous empates e cinco derrotas.

 

Pois na táboa anterior tendes reflexados tódolos partidos oficiais entre o Boiro e o Dubra. E na seguinte podedes ver a evolución dos nosos riváis nas dez últimas campañas.

Na 2014/15 xogou play-off de ascenso contra o Estradense perdendo 1-0 na ida e 0-1 no encontro de volta.

A plantilla do Dubra é de rapaces moi novos, que ten a excepción no veterán Alvaro Varela que conta 41 anos e que chegou a xogar na Segunda División ca SD Compostela e co Sporting de Xixón e que xogou nunha multitude de equipos. Un gran número de xogadores teñen entre 19 e 22 anos, aínda que o perigo soe chegar cun dianteiro de 34 anos, Dani Moto, xogador que sempre estivo no Dubra a excepción da 2013/14 que xogara naquel Grixoa de Terceira División, equipo que convertíuse no típico equipo de parroquia que chega a Terceira e que despois afúndese como lle pasou ao Dorneda, ao Mesón do Vento ou o Cruceiro de Hío. A ver se o Sofán corre mellor sorte.

O equipo está adestrado por Víctor Suárez.

O clube conta cun equipo filial, o Dubra B que xoga na 2ª Galicia e que tras catro xornadas vai segundo clasificado por detrás do Rácing San Lorenzo equipo histórico de Compostela (1928), e conta con futbol base dende prebenxamín ata xuvenil, e tamén na División de Honra de Veteráns co nome de B&B Fisioterapia e que tras duas xornadas, vai líder con outras tantas vitórias.

 

O campo no que a SD Dubra xoga como local é o Xoán Baleato, un campo con capacidade para 800 espectadores, 500 na bancada, co terreo de xogo de herba natural e cunhas dimensións de 103x69. O campo foi inaugurado no 2001 como Campo Municipal de Bembibre e no 2012 cambiouse o nome polo actual Xoan Baleato na honra do que fora alcalde do Val do Dubra e xogador da SD.

Imaxe do coqueto Juan Baleato

O colexiado deste domingo será un do Colexio de Santiago, aínda que con aires franceses, trátase de Nicolás Elespe Tireux. Ademáis de arbitro tamén é mestre de francés. Cumprirá 29 anos o vindeiro 29 de decembro. Esta tempada é o primeiro encontro que vai dirixir. Este colexiado asubía ademáis de en Preferente, encontros de Primeira e Segunda Rexional, así como de fútbol base. Non teño costancia de que arbitrara con anterioridade ao CD Boiro, aínda que sí o fixo algunha vez co Abanqueiro e cos equipos da EFM Boiro.

O colexiado do domingo
 

Para os que se animen a ir ata alá a animar aos nosos, pode comer algo no restaurante O Brañón, que ademáis queda xa moi pretiño do campo, e no que se come ben por un prezo axeitado, e tamén é recomendable Casa Braulio, no Campo da Feira, un restaurante que é como unha viaxe ao pasado, un sitio un tanto peculiar que de seguro non che deixará indiferente, a mín chamoume moito a atención cando estuve e gustaríame volver. Tamén podedes decantaros por A Ras, na rúa principal.

 

Casa Braulio


No hay comentarios:

Publicar un comentario

E dis de subir ata alá arriba?
E ti sei que me fodes!