SI PULSAS SOBRE LAS ALTIGRAFÍAS Y FOTOS, PODRÁS VERLAS A TAMAÑO COMPLETO.


Agradecer a Salvador Hernández su ayuda en la configuración de este blog. Gracias Salva.



martes, 9 de noviembre de 2021

BOIMORTO CLUB DE FUTBOL

 CLUB DE FÚTBOL BOIMORTO


LOCALIDADE: Boimorto
ESTADIO: O Carballal (1000 espectadores)
ANO FUNDACIÓN: 1977
TEMPADAS EN PREFERENTE: 5

 

Para a sétima xornada tócanos recibir ao Clube de Fútbol Boimorto, o que tivo un comezo de tempada espectacular pero que parece está empezando a sufrir un pouco e xa leva tres derrotas consecutivas. As dúas primeiras xornadas foron sendas vitórias, e na terceira un empate, así que a esta ornada chega no oitavo posto, xusto un por diante de nós e cun punto máis, 7. Leva anotados tres goles (nas dúas primeiras xornadas) e encaixados once. Agardemos que esa sequia goleadora que xa dura 380 minutos, aguante polo menos outros 90 e que a puntería do Boiro mellore un chisco.

O concello de Boimorto, situado na bisbarra de Terras de Arzúa, ronda os 2000 habitantes que están repartidos por 13 parroquias nos seus 82 kms cadrados e que chegou a ter case 6000 habitantes na década dos 50 do século pasado. A principal fonte de ingresos deste concello principalmente chega por actividades do sector primario, destacando as explotacións gandeiras bovinas, sendo as orientadas á producción láctea a maior parte delas, aínda que as destiñadas á producción cárnica ramén teñen un peso moi importante.

Boimorto é o berce de Luz Casal, e por iso e alí onde se leva a cabo un dos festivais de música máis coñecidos do noso país, o Festival da Luz, na honra de Luz Casal e non na de Iberdrola, Naturgy ou Endesa… que de honra teñen moi pouca, por non dicir ningunha.

O equipo co que nos enfrontamos este domingo, fundouse o 21 de maio do 1977, sendo os artífices un grupo de amigos encabezados polo que nese momento era o alcalde, Don Manuel Regueiro Correa, sendo o encontró de presentación, un correspondente ao I Trofeo Festas do Rosario celebrado ante o Melide Atlético o 4/09/1977 ao que gañaron por 3-1. O debut en competición oficial foi na Primeira División do Campeonato Comarcal da Montaña, na que xogaban equipos da contorna, tanto da provincia coruñesa como da de Lugo e da de Pontevedra (Palas, Lalín, Taboada…) na que quedou segundo tan só por detrás do Chantada e pasando a xogar na tempada seguinte na Segunda Rexional, na que prácticamente quedaron rexistrados os mesmos equipos que nesa Primeira da Montaña, o único que cambiou a denominación. O debut en competición oficial foi un 20 de novembro de 1977, e sería en Portomarín gañando por 0-3. Na 81-82 xa xogaría na Primeira Rexional na que o seu primeiro encontró nesta categoría sería na casa contra os nosos veciños do Sporting Lampón cos que empatarían a un tanto. Nesa tempada, fan un moi bo papel, e suben xa por vez primeira á Preferente, sendo o seu debut na casa contra o Corcubión perdendo por 0-2. Tardarían seis xornadas en anotar o seu primeiro gol nun encontró que perderían contra o Barallobre por 2-1, e a primeira vitória chegaría na seguinte xornada ao gañar ao Milagrosa por 5-1. Na tempada do debut, o equipo quedaría último clasificado contan só catro vitórias e outros tantos empates e trinta derrotas. Ese ano o noso CD Boiro sería cuarto clasificado.

 

Boimorto 1978/79
 
Non voltaría o Boimorto a xogar na Preferente ata a 1989/90, perdendo novamente a categorías ás primeiras de cambio e chegarían anos escuros para o clube, xa que baixarían ao ano seguinte novamente, non nos terreos de xogo, pero renunciaron á categoría e voltarían á Segunda Rexional, que cos cambios organizativos no futbol autonómico, na seguinte tocoulle xogar no pozo da Terceira Rexional, na que ademáis sería último clasificado encaixando 131 goles en 31 encontros.

 

Plantilla do ascenso 1988/89

Foron moitos os anos nos que os nosos protagonistas penarían polas últimas categorías do fútbol galego, tantos como que na 2010/11 estarían en Terceira Rexional. Tan só estarían un ano na Segunda para competir despois na Primeira Autonómica ata a 2016/17 na que serían campións, para ascender a Preferente e xogar xa de xeito “case ininterrumpido” ata o día de hoxe. O de case ininterrumpido ven a que na tempada da pandemia, foi un dos equipos que decidíu non competir.

Nesta tempada como xa dixen antes, tivo un comezo prometedor ata a xornada catro onde levaron un moi serio correctivo no campo do Paiosaco onde perderon por 6-0, conta con xogadores con moita experiencia, como por exemplo Jalecho, o xogador sirio de 41 anos e que leva no clube con esta un total de 10 tempadas ou a de Marc, que conta tamén con 41 primaveras. Tamén teñen a xuventude do rápido dianteiro de 20 anos Oscar Vizcaíno ou a do defensa Iago Vigo de 19. O equipo é adestrado por Pablo del Val, que foi o adestrador que levara ao equipo dende a Terceira á Primeira Rexional.

Poucos enfrontamentos hai entre o Boiro e o Boimorto, dous tempadas ata o de agora, a 1982/83 e a 2019/20. Na primeira delas, o partido en Barraña fora na xornada 31 e non atopei por ningures o resultado, e na segunda, o encontró de Barraña teríase que disputar na xornada 28, pero como xa sabedes, ese ano a liga en Preferente ramatou na xornada 26.

No campo do Boimorto, os resultados foron de 1-2 na xornada 12 da 82/83 e de 0-2 na xornada 9 da 2019/20 con goles neste último partido de Cardeñosa no minuto 15 e de Paco no 29, este de penalti.

 

Boimorto-Boiro na 2019/20

Táboa co resumo das 10 últimas tempadas do CF Boimorto.

 


O campo no que o CF Boimorto xoga como local chámase o Carballal, e din que ten capacidade para 1000 espectadores. Conta cunha pequeña bancada cuberta, e con outro campo para adestrar ao carón do principal, así como as piscinas municipais.    As dimensións do terreo de xogo son de 96x68 e é de herba natural. Atópase un pouco retirado do pobo, a kilómetro e medio máis ou menos na estrada CP-0603 que une Boimorto ca N-634, pero para ir dende Boiro cando nos toque xogar alí, o mellor é ir ata Arzúa e despois de alí a Boimorto pola AC-234; en total uns 90 kilómetros que nos pode levar facer unha hora pouco máis ou menos.

 

A bancada do Carballal no último Boimorto C.F.-C.D. Boiro

Este domingo, o colexiado será Alberto Lago Barreiro, do Colexio de Lugo, que nesta campaña asubiou o Atlético Escairón-Santaballés na primeira xornada e que rematara con empate a un tantos (goles nos minutos un e catro de partido) Os locais viron cinco cartóns amarelos e un vermello mentres que os visitantes foron amonestados con tres amarelos.
Na semana pasada arbitrou o encontro de Primeira Nacional Feminina, Friol 4 Deportivo "B" 2.
Este colexiado dirixíu na pasada campaña dous encontros do Boiro, na xornada 1 o Xallas 1 Boiro 1 no que pitou un penalti a favor dos de Santa Comba no minuto 60 e que sería o 1-0. Sacou cinco cartóns amarelos ao Xallas e polo Boiro o viron Borja Outeiral, Paco, Juanma e Borxa Garrido.
Tamén asubiou o partido contra o Xallas na segunda volta en Barraña no que gañamos 5-2 e sacou tres cartóns amarelos a cada equipo, sendo os amonestados do Boiro, Elier, Adrián Santos e Juanma.

 

O colexiado do domingo

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

E dis de subir ata alá arriba?
E ti sei que me fodes!