SI PULSAS SOBRE LAS ALTIGRAFÍAS Y FOTOS, PODRÁS VERLAS A TAMAÑO COMPLETO.


Agradecer a Salvador Hernández su ayuda en la configuración de este blog. Gracias Salva.



Mostrando entradas con la etiqueta Atlético Arteixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Atlético Arteixo. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de octubre de 2021

ATLÉTICO ARTEIXO

 ATLÉTICO ARTEIXO


LOCALIDADE: Arteixo
ESTADIO
:
Ponte dos Brozos (2000 espectadores)
ANO FUNDACIÓN: 1949
TEMPADAS EN PREFERENTE: 23

 

Nesta terceira xornada vennos visitar un histórico do fútbol galego, o Atlético Arteixo, que afronta a que é a súa vixésimo terceira tempada na Preferente, e que chegou a competir alá pola tempada 2004/05 na extinta 2ªB, con catastrófico resultado, e non só no deportivo. O Arteixo foi outro deses clubes aos que subir á 2ªB sinificou un mazazo económico e incluso moral, chegando a estar moi preto da desaparición.

Algúns xogadores ilustres vestiron a súa camisola, como Lucas Pérez, ou que servíu como retirada aos ex deportivistas, Manjarín e Nando.

Na tempada pasada, o Atlético Arteixo tivo unha máis que discreta actuación, se ben non é quizais a máis representativa por mor de como discirríu toda a tempada. Xogara no subgrupo A do Grupo Norte da Prefente quedando 6º con 13 puntos, tan só por diante do Laracha, e non nos debemos fiar dese dato porque este equipo é un dos máis poderosos económicamente da categoría. Por sorte esto non sempre se reflicte despois nos resultados sobre o terreo de xogo, pero polo visto nas dúas priemiras xornadas, quizais estemos falando do rival máis duro co que nos imos enfrontar nesta primeira fase.

Arteixo é un concello de case 33.000 habitantes, sendo o seu despegue poboacional a partir dos anos 90, debido á súa proximidade á capital provincial, na que os elevados prezos da vivenda fixo que moitos mozos por aqueles tempos buscaran a súa vivenda en concellos do alfoz coruñés. Sen dúbida, o máis coñecido de Arteixo é o imperio Inditex, pero eu que son un romántico da vida, non cambio eso pola simpatía e o que me fixo soñar de mozo don Arsenio Iglesias. Sempre é él o primeiro que se me ven á cachola cando oio falar de Arteixo. (Ata lle pasei por alto o de que fora a adestrar ao Real Madrid). Agardo que con este comentario non se ofendan os meus amigos siareiros do Celta.

Sen dúbida, o mellor que hubo en relación adestrador/boa persoa

Fora de coñas, aparte de Inditex, a economía de Arteixo, tamén é forte pola multitude de empresas que hai (máis de 100) no seu polígono industrial de Sabón, un dos máis importantes de Galicia. O que fora noutros tempos un xornal de referencia, A Voz de Galicia, tamén ten aquí  a súa sede central. A refinería de Repsol tamén ten parte nos terreos arteixáns. A extensión do concello é de 96 kms cadrados e conta con 13 parroquias.

Ten este concello varios sitios que paga a pena visitar, como a Praia de Barrañán, (a pesar do nome é máis pequeña ca nosa Barraña), ou moi cerquiña a Fraga e Muíños de Sisalde. Ademáis desto, xunto ao campo de Futbol onde xoga o Arteixo, hai unha ponte co mesmo nome co estadio, Ponte dos Brozos, ao que se lle supón un pasado romano e que pertencía á Vía Per Loca Marítima. A piques estivo de quedar engullido polo polígono industrial, do que o separan o ancho dunha rúa, e forma parte do paseo fluvial. Unha mágoa que unha ponte así quedara tan “encerrada” polo progreso?

O equipo fundouse aló polo ano 1949, por Fernando Insua e Eduardo Martís. Nacía co obxectivo de facerlle sombra ao equipo grande da bisbarra por aquel entón, o Penouqueira, equipo da Baiuca e datado do 1924, no que xogou Arsenio Iglesias.

Tivo uns comezos duros, como case tódolos equipos de pobo, e sería a finais dos setenta e principios dos oitenta cando xa acadaría nivel para xogar polo ascenso á Preferente, que o tiña acadado nalgunha tempada pero que tivo que renunciar, como foi o caso da tempada 1982/83 na que quedou primeiro, pero renunciou o ascenso, acadandoo na 1984/85. Na seguinte sería o seu debut na Preferente, pero a pesar de quedar noveno e salvar a categoría nos terreos de xogo, o equipo renunciaría á praza e voltaría á Primeira Rexional, para na seguinte voltar a subir, e desta vez sí, para quedarse.

Xogaría en Preferente de xeito ininterrumpido ata a tempada 1997/98, na que acadou o seu primeiro ascenso á Terceira División cuns números apabullantes; 32 vitorias en 38 partidos e 104 goles a favor.

Non foi unha estrea soñada na Terceira nin moito menos, de feito baixarían de novo a Preferente. O debut en sería na casa contra o Somozas co resultado de 0-0. Non tardaría en voltar á Terceira, só tardou dous anos en conseguilo, tras derrotar no play off de ascenso ao Atlético Guardés por 4-1 no encontro de ida, e perder no de volta 1-0.

Con toda a forza ía o Arteixo, ao que parecía que lle chegaban parte das forzas daquel veciño Eurodepor, e xa na segunda tempada xogaría play-off de ascenso a 2ªB tras quedar terceiro por detrás de Cerceda e Depor B. Nese play-off que foi en formato de liguilla, quedou 2º por detrás do Palencia, a 3 puntos, e por diante do Navalcarnero e o Uvieu B.

Sería na seguinte, na 2003/04 cando tras ser segundo na fase regular quedando por detrás tan  só do Cerceda, xogaría a Fase de Ascenso, desta vez no formato de eliminatorias, eliminando ao Atlético Pinto por 0-0 en Madrid e 2-0 en Arteixo, e na final ao todo un Real Oviedo (o que está agora en Segunda, non o filial), gañando por 1-0 na casa e perdendo no Carlos Tartiere por 3-2. O Arteixo era equipo de Segunda B. 3000 ovetenses desplazáranse ata Arteixo, e os 21000 siareiros que encheron o Carlos Tartiere non amilanaron ao equipo no encontro de volta. Os ovetenses non se tomaron nada ben a eliminación e saltaron ao terreo de xogo no que chegaron a agredir a algún xogador arteixán.

O Atlético Arteixo no Carlos Tartiere

 

Festexando o ascenso a Segunda B

Moi dura foi a tempada na Segunda B para os nosos rivais deste domingo, que no primeiro encontro nesa categoría, perdería por 1-2 ante o Rayo Vallecano. Leganés, UD Las Palmas, Alcorcón… Serían outros dos rivais do Arteixo, nunha tempada na que tiveron que viaxar ás Canarias ata en sete ocasións. Non chegaría a primeira das cinco vitorias ata a xornada 11, na que derrotaría por 2-1 ao San Sebastián dos Reis.

Pronto aparecerían máis problemas cos resultados, e que ao longo foron máis graves, esto é, os problemas económicos. O equipo remataría último clasificado, a moitos puntos da salvación, pero a retiradas de apoios económicos, os impagos aos xogadores e as conseguintes denuncias, levaron ao equipo de volta a Preferente sen pasar pola Terceira. E non rematarían os problemas aí, nese retorno a Preferente, o equipo quedou penúltimo nunha tempada desastrosa. En dous anos pasouse de xogar na 2ªB, a facelo en 1ª Rexional. O soño do Arteixo, convertíuse en pesadelo.

O equipo non perde o obxectivo de voltar a Terceira, pero din que agora están máis centrados nos equipos de fútbol base cos que están conseguindo un gran número de deportistas e alcanzando importantes logros, pero xa vimos nas dúas priemiras xornadas de que van a por todas (Arteixo 4 Pobra 0 e Paiosaco 0 Arteixo 2).
A verdade é que vaia inicio de tempada máis duro para os nosos…

O actual Arteixo que preside D. Francisco Luis Gil e que adestra Xoan Riveiro, ten bastantes caras novas, e moitas delas son de xogadores da zona e que incluso xa teñen vestido a camisola do Arteixo. 

Nas 22 anteriores tempadas en Preferente, o Atlético Arteixo xogou 796 partidos, dos que gañou 354, empatou 201 e perdeu 241. Anotou 1290 goles e encaixou 926. No noso subgrupo é o segundo equipo con máis tempadas na Preferente, só por detrás do CD Boiro.

A pesar de que ambos equipos estiveran tantos anos en Preferente, non son moitos os enfrontamentos que tiveron, de feito ata o de agora só coincidiron en seis tempadas e sempre, eso sí, en Preferente, nunca xogaron entre eles noutra división.

Contra o Arteixo os números non nos son nada favorables, de feito en Arteixo, onde xogamos cinco veces, xa que o que tiña que ser a sexta non se chegou a facer por mor da pandemia, non só non gañamos nunca, e que aínda non metimos un gol!!!!! E na Barraña, aínda que algo mellor, tampouco e para botar foguetes. A ver se van trocando as tornas este ano.

Mete medo a táboa anterior. Como curiosidade, esta é a sétima tempada na que nos enfrontamos, e é a sexta na que o encontro da primeira volta é en Barraña.

As últimas dez tempadas do Atlético Arteixo:

O estadio no que xogan os nosos rivais cando o fan como locais, chámase Estadio Ponte dos Brozos, con capacidade para 2000 persoas, de herba natural e as medidas do terreo de xogo son de 100x62 e é de herba artificial DUAL XN, un sistema calificado como FIFA Quality Pro. Ademáis, conta con sala de vídeo, sala de reunións, ximnasio, e oito vestiarios; unha auténtica maravilla para esta categoría. O campo atópase na Avenida Arsenio Iglesias e foi inaugurado no ano 2000.

Estadio Ponte dos Brozos (Foto da web do equipo)


Ximnasio dentro do estadio (Foto da web do equipo)

E dis de subir ata alá arriba?
E ti sei que me fodes!