SI PULSAS SOBRE LAS ALTIGRAFÍAS Y FOTOS, PODRÁS VERLAS A TAMAÑO COMPLETO.


Agradecer a Salvador Hernández su ayuda en la configuración de este blog. Gracias Salva.



sábado, 24 de septiembre de 2022

SOCIEDADE DEPORTIVA E CULTURAL RESIDENCIA

 SOCIEDADE DEPORTIVA E CULTURAL RESIDENCIA


LOCALIDADE: Lugo
ANO FUNDACIÓN: 1967
TEMPADAS EN PREFERENTE: 6 (7 ca actual)
ESTADIO: A Cheda (1000 espectadores)


Este domingo 25 de setembro, ás 17:30 o C.D. Boiro recibe en Barraña á Sociedade Deportiva e Cultural Residencia de Lugo.
Fundado no ano 1967, conta con equipos en tódas as categorías, dende a Chupete ata Veteráns. cousa da que sinten gran orgullo, xa que son moitos os rapaces e rapazas que defenden o escudo deste equipo clásico da cidade lucense.


A súa equipación e camisola azul, con pantalón branco e medias azuis.

O Residencia ata o de agora acadou un so punto, ao empatar na primeira xornada a cero na súa casa ante o Noia. A pasada semana, perdeu 3-2 no campo do Victoria.
O seu adestrador chámase Dani Galán, de 39 anos. Foi xogador en toda a súa carreira deste equipo e como adestrador é a súa segunda tempada. Tamén adestrou ao Lugo Xuvenil B.

O Residencia debutou en Preferente un 25 de agosto de 2013 gañando 4-0 ao noso próximo rival, o Lemos, nun encontro que todo apunta a que tamén será en Barraña polo estado do seu estadio, A Pinguela. (Pois ao parecer xogarase en Monforte no campo dos Escolapios)

As últimas tempadas do Residencia

Os números do Residencia en Preferente


Apenas hai historial entre o Boiro e a SDC Residencia, xa que tan só se viron as caras unha vez, e foi na 2019/20, tempada na que entre eles só se xogou o partido da primeira volta, e foi na xornada 17 na que perdemos 1-3, marcando para o Boiro Juanma no minuto 46. Polo Residencia o fixeron Veloso (28'), Dani López (36') e Veloso (89'). Naquel partido foron amonestados con amarelo polo Boiro Cardeñosa, Changui e Xaco. 
O partido de volta que correspondía para a xornada 36 xa non se disputou pola pandemia.

Boiro 1 Residencia 3

O colexiado para a ocasión é Xabier Rodriguez Campos, da Coruña, e é un colexiado moi veterán, 43 anos ten xa (29/07/1979), e este ano xa dirixíu o Asados 0 Sarriana 4. Agardemos que esta nova visita ao Barbanza, non deixe un recordo semellante.

Na 2020/21 dirixíu un Boiro 1 Dubra 1, no que amosou 5 cartóns amarelos, sendo tres para os boirenses, Juan, Elier e Pablo Vidal.
Na 2018/19, cando aínda éramos equipo de Terceira, dirixíu un Vilalbés 2 Boiro 2, no que asubiara un penalti a favor dos chairegos, e amonestou con doble amarelo polo Boiro a Anxo quedando o noso equipo con dez no minuto 34; no 84 o Vilalbés tamén quedaba con dez xogadores. Nesa mesma tempada asubiou un encontro dos xuvenís do Boiro en Elviña contra o Montañeiros e os mozos boirenses perderon por 2-0.
Na 2017/18 tamén dirixíu un Vilalbés-Boiro na segunda xornada con empate a un ao final do encontro no que viron cartón amarelo, Herbert, Borja Outeiral e Remeseiro. Os chairegos nin un cartón. Na mesma tempada, o Boiro 1 Somozas 4 da xornada 26 no que viron tarxeta Liñán, Borja Outeiral, Javi Otero, Cano e Smitarello. Polos de Vilalba serían tres os amonestados.
Na 2015/16 en Oitavos da Copa Deputación da Coruña o Boiro 0 Somozas 1 con cartón para Marcos Rodríguez. Na xornada 11 o Boiro 1 Verín 0 con dos cartóns amarelos (Romay e Sidibé) amosando cinco aos ourensáns. Na xornada 24 o Barbadás 1 Boiro 2 no que non hubo cartón algún. Todos estes en Terceira División. Aos xuvenís os dirixíu nun Ordes 0 Boiro 7.
Na 2014/15, tamén en terceira, na sétima xornada, Boiro 1 As Pontes 0 sendo amonestados Cardeñosa e Padín. Na xornada 25 foi un Boiro 0 Rápido de Bouzas 2. Polo Boiro viron amarelo Rubén Márquez, Paco, Padín e vermello directo no 24 Marcos Rodríguez e no 80 David Añón. Aos xuvenís, un Imperator 2 Boiro 3.
Na 2013/14 un Choco 3 Boiro 3 na xornada 23 sen cartóns.
E non teño constancia de que dirixira máis encontros do Boiro, que por outra parte, xa foron bastantes.
É un técnico que ca súa experiencia sabe facerse respetar e ademais é apreciado pola maioría dos xogadores.
Este colexiado además lanzouse ao mundo da escritura co libro "Arbi, Qué pitas?. Las reglas del árbitro 10

O Colexiado co seu libro

A SDC Residencia xoga os seus encontros como locatario no campo da Cheda, campo coqueto que está pegado ao Anxo Carro. Ten capacidade para uns 1000 espectadores, é de herba artificial e as súas dimensións son de 103x67.

O Campo da Cheda


E dis de subir ata alá arriba?
E ti sei que me fodes!