CLUB DE FUTBOL AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL VISTA ALEGRE
LOCALIDADE: Loimil (A Estrada) - Vista Alegre (Santiago de Compostela)
ESTADIO: Santa Isabel (1200 espectadores)
ANO FUNDACIÓN: "1982"
TEMPADAS EN PREFERENTE: 5
Para a novena xornada tócanos recibir ao Clube de Fútbol Estudiantil,
un equipo no que xa levo pensando moitas semanas de cara a facer a nota, que xa
sabía eu que me iba dar quebradeiros de cabeza. Ata o nome é un rollo á hora de
poñelo. Ao parecer, no eido xurídico chámase Vista Alegre, mais no federativo é
Estudiantil. Polo visto todo apunta que nun futuro o equipo sexa o Vista Alegre
de Santiago e punto. Un futuro nada prometedor por outra parte. Hai denuncias
por todos lados, de xogadores, de Gelucho, os socios do Estudiantil de Loimil…
Triste futuro o que se vislumbra.
|
O outro escudo, oficial ata a tempada pasada.
|
De tódolos xeitos, e para coller un fío conductor na nota,
vouno tratar como se fora o Estudiantil e non o Vista Alegre, polo do
romanticismo do futbol de parroquia, que aínda que o de barrio tamén ten moito
encanto, non deixa de ser unha cidade, e ao fin e ao cabo, o que conseguira o
ascenso, aínda que fora finalmente nos despachos, foi o Estudiantil. Se ben é certo, creo
que dende a directiva pretenden que sexa ao revés, que o antigo Vista Alegre
sexa o de Preferente e o antigo Estudiantil sexa o que está xogando como
Compostela B no grupo 2B da Segunda Galicia. Escribir un libro sobre a historia
do futbol en Compostela ten que ser unha auténtica odisea… At. Fátima, Campus
Stellae, Ciudad de Santiago, Sd Compostela, Vista Alegre-Estudiantil… calquera
non se perde á hora de recoller datos.
Este clube fundouse alá polo ano 1982 na parroquia estradense
de Loimil, situada entre a N-525 e a AP-53. É unha parroquia pequena duns 200
habitantes, o que lle da máis mérito ao feito de que casi chegaran a acadar o
ascenso a Terceira sen necesidade de recurrir á xustiza ordinaria.
Todo este lío de acudir á xustiza, ven dado porque na tempada
2016/17 o equipo rematou en terceira posición a tan só tres puntos do campión
Noia, e a un do subcampión, Laracha. O caso que no encontro do Estudiantil
contra o Arzúa, ao parecer o equipo queixeiro cometeu aliñación indebida e o
Estudiantil acudíu ao Comité de Competición fa FGF o cal non lle deu a razón,
cousa que si fixo o Comité de Apelación, co cal o Estudiantil subiría a Terceira.
O Arzúa, aínda que non lle afectaba gran cousa eses tres puntos, acudíu ao
Comité Galego de Xustiza Deportiva que lle devolveu os tres puntos,
quitándosellos ao Estudiantil, así que os da Estrada acudiron á xustiza
ordinaria, e xa se armou o petate. A finais do 2018, fallou contra os intereses
do Estudiantil, pero teimudos coma eles sós, volveu a presentar recurso, desta
vez no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o cal si lle deu a razón
recoñecendo o seu dereito a xogar na Terceira División.
Tras este lío, a Federación propuso que o equipo xogara a
2019/20 na Terceira Rexional para xogar no ano seguinte en Terceira División.
Toma Ascenso!!!!
Para acabar de liala máis, no mes de xuño de 2020, o clube
cambiou a sede a Compostela tras chegar a un acordo co Vista Alegre que pasaría
a ser o seu equipo filial, e xogarían os partidos no vetusto Santa Isabel,
deixando triste e desanxeado ao humilde campo de Os Casares, aínda que xa
ultimante estaba xogando no campo de San Martiño, na parroquia de Callobre,
tamén na Estrada, no que o Estudiantil asinara as súas mellores páxinas dunha
historia que non parece vaia ter un final feliz. Unha auténtica mágoa.
|
Estado actual do Campo de Os Casares, (www.EibarSestaoX.com)
|
Na anterior campaña, co equipo en Terceira adestrado por
Gelucho, os comezos foron nefastos e intentaron salvar a categoría a base de
talonario, que como se víu, non valeu máis que para afondar unha crise á que
non se lle ve final, e quen sabe, se para privar ao CD Boiro de acadar o
ascenso a Terceira tras desmontarnos o equipo. Foron moitos os xogadores que
estaban na nómina do noso equipo e que foron canda Gelucho polas dúbidas de si
finalmente habría futbol en Preferente ou non, mermando bastante o noso
potencial. O Boiro foi un Daño Colateral da sin razón do Estudiantil do ano
pasado, que chegara a formar un auténtico equipazo con Christopher na portería,
con vellos coñecidos do Boiro como Catú, Manu Rodríguez, Chiño, Rubén Márquez e
no que tamén estiveron Suso e Paco.
|
O Estudiantil da tempada pasada.
|
Se a tempada pasada comezou mal para os “Loimil-Vistalegrenses” a deste ano aínda vai peor. Nesta campaña o equipo rival aínda non conseguíu un só punto, perdendo tódolos encontros, nos que ademais non anotou nin un só gol e leva encaixados un total de vintedous. Agardemos que non sexa Barraña onde anoten o primeiro.
A súa primeira tempada foi na Terceira Rexional na 1982/83
debutando o 5 de setembro de 1982 na casa cun empate a un ante o Ortoño,
chegando na seguinte xornada a primeira vitória por 0-2 no campo do Rial, e na
seguinte campaña, a 1983/84, xa foron campións do seu grupo. Na 1986/87
acadaron o ascenso a Segunda Rexional, e dende aquela estiveron xogando entre
esta categoría e a Terceira Rexional, pero na campaña 2008/09 as cousas
empezarían a trocar. Tras ser subcampión de grupo, suben a Segunda Rexional,
onde realizan un temporadón quedando campións do seu grupo con moita diferencia
ademáis e dar xa o salto á Primeira Rexional. Nesta categoría botarían tres
tempadas, duas como de asentamento quedando na mitade da táboa, e unha terceira
na que xa foron campións por diante de equipos como o Atl. Ribeira, Noia ou
Arzúa.
|
Estudiantil - Unión de Asados en Os Casares (www.EibarSestaoX.com)
|
O debut en Preferente só se pode calificar como boísimo, xa
que no ano da estrea quedaron sextos. O equipo foise asentando ata acadar ese
tercer posto xa comentado na campaña na que o que podía ser o comezo de páxinas
históricas no positivo para o clube, pero convertíronse en páxinas de auténtico
pesadelo. A campaña do 2018/19 xa a
remataron casi de chiripa, con tan só unha vitória e dous empates, encaixando a
frioleira de 144 goles, total, como xa tiñan o ascenso garantido pola xustiza...
|
Un Estudiantil - Galicia Mugardos no San Matiño de Callobre.
|
Contra o Boiro, os nosos rivais desta semana nunca xogaron,
se collera o fío do Vista Alegre si, aquel Vista Alegre que chegou a botar 18
campañas en Terceira División, e que a piques estivera de acadar o ascenso a
Segunda B, para o que xogou ata tres play-off de ascenso, sendo o da 1996/97 no
que quedara máis preto de conseguilo ao ser segundo a dous punto do ascendido
Leganés B. A primeira vez que xogaron entre eles, e que eu teña rexistrado, foi
en Barraña o 30 de decembro de 1973, con vitória para o CD Boiro por un
contundente 5-0.
Para a táboa das dez últimas campañas sí que vou poñer as do
Estudiantil de Loimil…
A verdade é que pouco máis podo engadir, o único dicir que
teñen unha nómina de xogadores moi novos, que creo que o convenio de
filialidade entre o Vista Alegre e o Estudiantil rachou, e que non se albisca
un bo futuro para ningunha das dúas entidades, xa históricas do futbol galego,
sobretodo a do barrio de compostelán, a pesar de que o actúal Vista Alegre xa fora unha "reencarnación" daquel Vista Alegre dos play off a Segunda B, unha reencarnación feita no 2009. Qué mágoa que uns personaxes con aires de…
grandeza? podan estragar deste xeito tanto traballo e tantos anos de historia.
O dito, unha auténtica mágoa. A ver se as cousas volven ao
seu cauce pero non pinta nada ben.
O campo no que xogan polo de agora é o vetusto aínda
que remodelado Santa Isabel de Santiago de Compostela, inaugurado no 1963 e
rehabilitado no 2003, é de herba sintética e o terreo de xogo ten unhas
dimensións de 104x65. A capacidade é de 1200 espectadores. Lembrar que en este
estadio, disputáronse encontros da Segunda División no que xogaron o Betis, o
Celta, o Villareal.
|
Estadio de Santa Isabel.
|
Pois a ver se este domingo en Barraña, o Boiro é quén de
coller unha boa xeira de resultados. Temos dous seguidos en casa, e este
primeiro, a prioiri ten que ser o máis sinxelo da tempada, con tódolos meus
respetos para o noso rival, un respeto que agardo que dunha vez por todas teñan
para con nós os árbitros e non ter que sufrir a sin razón do domingo pasado en
Dubra polo colexiado afrancesado Elespe Tireux.
Nesta ocasión o árbitro é Carlos Quintas Lorenzo do colexio ourensán,
natural de Maceda, e polifacético personaxe, que ademáis de árbitro é
cantautor e escritor. Canta en solitario, pero tamén no grupo de rock
MissDerrota e se queredes oir como zona, podédelo facer vendo este video en
YouTube da canción Bienvenida a la Realidad preme aquí
Como xa dixen é tamén escritor e publicou no ano 2015 a súa
obra “Abrazada a las peonzas”, un libro de poemas editado por Donbuk.
Non teño constancia de que asubiara ao CD Boiro nalgunha ocasión, pero nos datos que recabei de encontros pasados nas xa dez campañas que leva dirixindo partidos de Preferente e de categorías de fútbol base, é de tarxeta fácil, xusto o que precisa o noso Boiro. O protagonista desta parte da nota do rival, naceu un 11 de Xaneiro de 1986 en Maceda (Ourense). Dende estas líñas, deséxolle boa sorte na música, na literatura e sobretodo no partido do domingo.
|
O polifacético colexiado deste domingo.
|