CLUB LEMOS
LOCALIDADE: Monforte de Lemos
ANO DE FUNDACIÓN: 1924
TEMPADAS EN PREFERENTE: 19 (20 ca actual)
ESTADIO: A Pinguela (1100 espectadores sentados)
PARTICIPACIÓNS COPA DO REI: 6
Este domingo volvemos a ter futbol en Barraña por mor do estado no que se atopa o coqueto estadio monfortino de A Pinguela que fai impracticable a práctica do balompé nas súas instalacións. Baralláronse outras opcións como xogar no pequeno campo dos Escolapios tamén en Monforte, ou incluso disputar o encontro no campo de San Martiño en Quiroga. Finalmente, e por imposición federativa, cámbiase a orde dos encontros disputando en Barraña o da primeira volta, deixando o da segunda para facelo nun, esperemos que xa remodelado, Estadio de A Pinguela.
Monforte de Lemos, situada ao sur da provincia de Lugo, e que conta co título de cidade dende 1885, ten na actualidade algo máis de 18000 habitantes, pero chegou a rondar os 22000 no século pasado. O número de parroquias que compoñen o concello monfortino é de 27, as cales están repartidas polos 199.5 kms cadrados de extensión.
Foi un importante nu ferroviario que foi perdendo peso específico, así como un importante motor económico na provincia. Ten moita historia, como así se reflicte na gran cantidade de edificios emblemáticos cos que conta, destacando o Pazo dos Condes de Lemos, o Mosteiro de San Vicente do Pino ou o Colexio de Nosa Señora da Antiga. Tamén destacan a Ponte Vella, a Xudería e o Pazo de Tor. Conta tamén con varios e interesantes museos.
Eu xa estou desexando ir a xogar o partido de volta e disfrutar do entorno, da gastronomía e deses caldos tan bos que se dan nos viñedos da Ribeira Sacra.
Colexio Nosa Señora da Antigua |
A visita do Club Lemos non é unha visita calquera, trátase dun dos equipos máis antigos da Galiza, fundado tan só un ano despois que por exemplo, o Celta de Vigo. A piques de festexar o seu centenario, non atravesa por un dos seus mellores momentos, máis ben ao contrario. Ogallá que unha vez que remate o encontro en Barraña, o Lemos recupere sensacións e tamén entidade para volver a ser un equipo cun papel acorde a súa historia.
O Clube Lemos naceu no mes de abril do ano 1924 tra-la unión do Athletic Club e o Monforte FC, chamándose nos seus inicios, "Sociedad Deportiva y de Cultura Física Lemos Club", sendo D. Ramón Taboada Zúñiga o seu primeiro presidente. No 1934 o clube acadaría o ascenso á Serie A (a Preferente de antaño) pero foi sancionado por a ilegal alineación dun xogador que lle valeu ao Ferrol FC o título da Serie B e posterior ascenso.
O Lemos en 1924 |
Na tempada 1934-35 disputou por vez primeira o Campionato de Galicia no que quedou en segunda posición, so por detrás do Sporting Club de Lavadores. A última xornada enfrontaba a estes dous equipos con vitoria para os vigueses por 2-0. Levantarían os de Monforte este título na seguinte edición ao gañar por 5-2 no partido decisivo ao Club Coruña. Esto lle valdría aos nosos protagonistas da nota desta semana para xogar a Copa de España contra o Deportivo da Coruña, o Unión Sporting Club de Lavadores e o Real Stadium Club Avilesino. O Lemos quedaría segundo nesa fase de grupos detrás do Deportivo pero sen opción algunha de clasificarse para a seguinte rolda.
É raro que con tantos anos, e sendo dunha localidade que otrora fora un importante núcleo económico e industrial, nunca estivera na desaparecida Segunda B, sendo o segundo equipo galego con máis tempadas en Terceira División, nas que ata o de agora disputou un total de 51 CAMPAÑAS!!! E eso que desde que descendera na 2007/08 non volveu a participar nesa categoría. O Arousa con 54 ca actual, é o único equipo galego con máis participacións en Terceira.
A primeira vez que xogou en Terceira División, foi na tempada 1943/44, debutando o 26 de setembro de 1943 cunha abultada derrota ante o Pontevedra por 5-0. O seu primer partido na casa sería na segunda xornada contra o Palencia, co que tamén perdería, desta vez por 0-2. O primer gol na categoría e o primer punto chegaría na cuarta xornada tras empatar a un tanto co Berbés. A primeira victoria sería na sétima xornada por 2-1 ante a Ponferradina.
Remataría esa tempada no 9º posto (dun total de 10 equipos) nos que gañou 5 encontros, empatou 2 e perdeu 11, anotando 23 goles e encaixando 43, acadando tan só un punto más que a descendida Ponferradina.
Se consolidaría o equipo nesta categoría dun xeito firme, xa que disputou 30 das 33 seguintes edicións; tan só xogaría na Serie A, nas tempadas 1948/49; 1958/59 e a 1969/70.
Nese treito de anos, a mellor clasificación que acadaría sería un cuarto posto na 1961/62, quedando por detras do CD Lugo, o Club Ferrol e o Arousa SC.
Unha tempada curiosa foi a 1954/55, que sendo quinto de dez equipos, tivo que xogar fase de permanencia. Ese ano xogarían a fase de ascenso os dous primeiros e os outros oito a de permanencia. O Marín, sendo terceiro na Fase Regular, perdería a categoria nesa Fase de Permancia.
Tamén foi curiosa a tempada seguinte, xa que o Lemos, sendo sexto, xogou a fase de ascenso xunto cos dous primeiros clasificados, o Ourense e o Turista de Vigo. Na primeira rolda tocaría xogar contra a Ximnástica de Torrelavega, ao que derrotaron en Monforte por 4-2 o 27 de Maio de 1956, pero á semana seguinte, o equipo cántabro gañaría 4-0 rachando ás primeiras de cambio, o soño monfortino de ascender a Segunda División.
No ano 1964, o Clube Lemos sería quen de gañar a Copa Galicia, tras vencer ao Turista por 1-2 na ida e empatar a un no de volta, ao que se chegou á prórroga, xa que ao final dos 90, os vigueses gañaban 0-1.
O Lemos gañador da Copa Galicia 1964 |
Tras o último paso pola serie A na 69/70, as cousas non irían moi alá e de feito, nas dúas primeiras campañas tra-lo retorno a Terceira, xogaría Fase de Permanencia-Ascenso (Permanencia para os de Terceira e Ascenso para os de categoría Rexional). Na 1970/71, sería contra o equipo de El Entrego CD de Asturies empatando no encontro de ida a un, e no de volta, xogado na casa, o Lemos gañaría 4-0.
Na 1971/72, sería o Mérida Industrial o rival a batir, aos que lles gañaron 2-0 no encontro de ida, e no de volta, vovéronse a impoñer, desta vez por 1-2.
Virían despois dúas campañas máis tranquilas, pero na 1973/74 volta ás andadas e desta vez sería o equipo cántabro Castro FC ao que había que derribar. E costou do lindo, xa que na ida, en Castro Urdiales, o equipo perdera 2-1, para gañar no de volta por 1-0 o que levaba a disputar un partido de desempate que gañaría o Lemos por 1-3. Nesta mesma tempada, o Lemos xogaría Copa do Rei quedando eliminado na primeira rolda polo Pontevedra tras empatar a un na casa e perder 2-0 en Pasarón.
Lemos 1973/74 |
Na 1974/75 o equipo xa sería 20º e último clasificado, nun grupo no que se enfrentou a equipos como Racing de Ferrol, Lugo, Leonesa, Bilbao Athletic e Sestao entre outros. E novamente sería o Pontevedra o encargado de apealos na primeira rolda na Copa, xa que perderon 4-0 en Pasarón e a vitoria por 2-1 na casa, xa de pouco lles valeu.
A pesar de estar en Preferente, o equipo voltaría a xogar Copa do Rei, e novamente caeu en primeira rolda, desta vez ante o Raio Vallecano. En Monforte na ida xa perderían 0-1 e no de volta, no barrio de Vallecas, a derrota sería por 5-0.
Desta vez non sería baixar e subir a continuación, de feito a primeira tempada deste novo paso pola todavía denominada Serie A, non foi precisamente doado quedando nun moi modesto 12º lugar. Na 1977/78 algo melloraría pero só para ser sétimo, na tempada na que debutaba nesta categoría o CD BOIRO que sería terceiro, pero moi lonxe do campión, Alondras.
Na 1978/79 voltaría o BOIRO a ter un moito mellor papel que o Lemos quedando terceiro a tan só un punto do ascenso, que sería para o Noia (subcampión) e para o Ribeira (Campión) BARBANZA POWER!! O Lemos sería 15º coqueteando boa parte da tempada co descenso.
Na 1979/80, habría barra libre para o ascenso a Terceira, xa que ata o décimo clasificado, acadaría ese soño. BOIRO 4º clasificado e Lemos 2º, estarían entre os chamados ó éxito, se ben ese éxito duroulle máis aos nosos rivais que a nós; eles aguantaron desta vez seis campañas consecutivas e nós so unha.
Na antes mencionada xeira de seis tempadas en Terceira, sería a 1982/83 na que acadarían unha mellor clasificación, na que además coincidíu cunha terceira fortísima co Lugo, o Ourense, o Pontevedra e o Fabril entre outros. Pero no resto das tempadas, o resultado foi mais ben mediocre. Na 1984/85 quedaron no 19º posto, só por diante do Noia que sería o único equipo que perdera a categoría ese ano. Na seguinte xa se volveu ao pozo da Preferente, quedando curiosamente dous postos mellor que na anterior, pero desta vez, foron 5 os equipos que baixaron. Comentar que na 1983/84, xogarían a que foi ata o de agora, a súa última Copa do Rei, na que quedaron eliminados en primeira rolda polo Arousa cun 0-1 en Monforte e 1-0 en Vilagarcía.
Club Lemos, anos 80 |
O paso pola Preferente foi fugaz, xa que de novo acadaron o ascenso á primeira, sacando nove puntos de ventaxe ao segundo clasificado, o Puebla, e ademais chegaron a Terceira con forza, porque na sua primeira campaña ao regreso quedaron nun excepcional terceiro posto, só por detrás dun intratable Rácing de Ferrol e do Xuventude Cambados. Naquela ocasión só subía o primeiro dun xeito directo e non había play-off de ascenso, o mesmo que na seguinte, no que foi o Xuventude Cambados o que acadou o ascenso dun xeito incontestable. O Lemos sería cuarto tras o ascendido Cambados e un sorprendete Xuvenil de Ponteareas e a SD Compostela.
Enfriouse a cousa bastante tras esas dúas moi boas campañas, e viñeron dúas con sendos 14º postos e xa, na 1991/92, a debacle; novamente últimos clasificados, e ademais cunha moi triste bagaxe. 3 vitorias e 9 empates en 38 partidos.
Durou catro campañas a penitencia en Preferente desta vez con tres tempadas máis ben decepcionantes para un equipo desta entidade, pero na 1995/96, ao quedar segundo xogaría play-off de ascenso contra o segundo clasificado do grupo Sur, o Gondomar. A victoria foi para o seu rival, pero acadou o ascenso ao quedar unha plaza libre en Terceira tras o ascenso do Celta B.
Sete serían agora as tempadas que botaría o clube Lemos en Terceira, quedando pola mitade da táboa nas cinco primeiras, e na sexta, a da 2001/02 serían cuartos e xogarían play-off de ascenso a Segunda B, no cal no tiveron apenas opcións xa que serían últimos con tan só 4 puntos conseguidos na primeira xornada cun 2-1 ante o As Rozas, e na segunda cun empate a un en Langreo. As outras catro xornadas traducíronse en catro derrotas. O outro equipo que completaba o grupo era o Valladolid B. Ese ano ningún galego acadou o ascenso (Compostela B, Alondras e Betanzos).
Parece imposible, pero en tantos anos na Terceira División, este foi o seu único play-off de ascenso.
E tras unha das mellores tempadas da súa historia, chegou unha das peores, porque xusto ao ano seguinte de xogar o play-off, o equipo quedaría último clasificado cunha triste bagaxe de tan só 5 vitórias.
Tras un cuarto posto no retorno a Preferente, na 2004/05 serían segundos na taboa por detrás do Atlético Mineiro. Xogarían play-off contra o segundo clasificado do Grupo Sur, o Caselas ao que derrotaróan por 1-0 e 0-0.
Desta vez serían tres as tempadas que botarían na Terceira División, e serían tres campañas mais ben para esquecer, con dous 17º postos e un 20º na 2007/08 que é, ata o de agora, a súa última participación en Terceira. Inconcebiblemente, para un equipo con tanta historia, levar xa 15 tempadas sen regresar a Terceira, é algo que precisa dunha pronta solución. O Lemos merece festexar un Centenario de xeito!
E o caso que a caída ao pozo de Preferente, lonxe de ser efímera como outras veces, foi bastante dramática, ata tal punto de que na 2010/11, o equipo queda 16º de 21, e nesta campaña, o número total de descendidos foi de seis, así que, por increíble que poidera parecer, o Lemos descendía a Primeira Rexional.
Apenas atopou resistencia neste primer paso pola Primeira Rexional e subíu dun xeito moi claro, pero dous anos despois, un 18º posto volvíao condear ao pozo da Primeira Rexional.
Lemos na 2014/15 en Primeira Rexional |
Novamente botaría só un ano, pero desta vez o ser campión costoulle máis, xa que só sacou un punto ao segundo clasificado, a SCD Milagrosa.
E ao igual que a vez anterior, foron dúas as tempadas en Preferenta antes de volver ao pozo, se ben é certo que perxudicado polos arrastres, xa que nese ano, no que foron 15º, baixaron ata sete equipos. E ollo, porque quedaba unha Primeira Rexional no grupo de Lugo con bastante nivel, tanto foi así que ascenderon Sarriana e Foz e os de Monforte terían que agardar outro ano máis poara volver a Preferente.
Á segunda foi a vencida, e ademais dun xeito moi folgado, xa que sacarían 10 puntos ao segundo clasificado, o Residencia, polo que volverían a xogar en Preferente na tempada 2019/20, así que esta é a súa cuarta tempada consecutiva nesta categoría.
O Lemos da pasada campaña |
Nas tres xornadas disputadas ata o de agora, un empate e duas derrotas, con dous goles a favor e sete en contra. Na última xornada perderon 4-0 no campo do San Tirso. Tamén é certo, que aínda non xogaron na casa.
Son numerosas as ocasións nas que se enfrontaron ao CD BOIRO, e na casa, os números son moi favorables so noso equipo, ao igual que nas últimas tempadas que xogamos en Monforte, se ben é cero, que a última vez que o Boiro xogou na Pinguela, foi na quinta xornada da 2012/13, na que se gañou por 1-3 con goles de Hugo Soto (50' e 81') e de Alex Gómez (90'). Polo Lemos marcara Carrasco (70'). Naquel Boiro, entre outros xogaban ademais dos goleadores, Armental, Cardeñosa, Ángelo...
Enfrontamentos entre Boiro e Lemos |
Resumen dos enfrontamentos |
As últimas tempadas dos Clube Lemos, pode que sexan algunhas das menos exitosas da súa longa historia. Agardemos que as cousas troquen para o ben deles, pero despois do encontro de Barraña.
Últimas tempadas do Clube Lemos |
No seu histórico en Preferente, os números son os seguintes:
O colexiado para este encontro será Eduardo Rivera Gores, do colexio vigués e que no mes de novembro cumplirá 38 anos. Ten dirixido ao CD Boiro en algunha ocasión, como por exemplo na 2019/20, na sétima xornada, un San Tirso 0 Boiro 1 onde os nosos xogadors non foron amoestados, e na xornada 19, un Boiro 4 Dubra 0, no que viron amarelo, Paco, Cea e Pablo Vidal.
O colexiado |
O campo onde xoga o Lemos como local, e o Estadio de A Pinguela, con capacidade para 1100 espectadores sentados nunha coqueta bancada. O terreo de xogo está rodeado por unha pista de atletismo. O terreo de xogo é de herba natural, e as suas dimensións, son de 104x63. Foi inaugurado en 1999.
A Pinguela |
.
Moi boa reseña amigo Nino
ResponderEliminarMoitas Grazas!!
Eliminar