CLUB DEPORTIVO UNIÓN ASADOS
LOCALIDADE: Asados-Rianxo
ANO DE FUNDACIÓN: 1969
TEMPADAS EN PREFERENTE: 3 (4 ca actual)
ESTADIO: Municipal de Vilas (500 espectadores)
Volve o fútbol a Barraña este domingo, e faino cun derbi interesantísimo no que o Boiro precisa gañar para non desengancharse moito dos postos de arriba nos que un intratable Betanzos e unha poderosa Sarriana parecen querer ocupar dun xeito claro dende inicio de tempada. O Unión tamén precisa da vitoria, se ben por motivos moi distintos como o de engancharse ao tren da permanencia.
Parece increíble que estes clubes veciños, que son os principais dos seus respectivos concellos, e duns concellos bastante semellantes, tiveran tan poucos enfrontamentos entre eles, pero e que o Unión non é precisamente un equipo dos históricos da Preferente galega e por desgraza para eles, e por extensión, ao futbol da bisbarra, aínda nunca foron quén de competir na Terceira División.
Ata o de agora só en catro campañas se enfrontaron CD Boiro e Unión de Asados e en Preferente só en unha. Dúas foron na antiga Segunda Rexional, se ben sería o equivalente á Primeira, e unha primeira, na estrea no futbol federado cos de Asados, cunha aplastante vitória para o Boiro. Fállame o resultado da segunda volta desa campaña. Hai que remontarse á década dos 70 do século pasado para eses duelos na denominada Liga do Sar. Podemos engadir un derbi máis, na tempada 1980/81, pero non contra o CD Boiro, senón contra o desaparecido Boiro Atlético, se ben non teño datos de como quedaron eses partidos.
Históricos Boiro-Unión |
Como podedes ver na táboa anterior son moi poucos os enfrontamentos entre Boiro e Unión, e ata o de agora, sempre favorable aos intereses barrañistas. Agora, 11 anos despois da última vez que viñeron os veciños rianxeiros, a ver se a estadísitica segue a ser favorable para o noso equipo.
O Unión fundouse no 1969 sendo o promotor principal o empresario Felipe Ces, e fíxoo tirando das canteiras dos dous equipos que había anteriormente na parroquia, o Rianjo FC e o Santa Lucía FC. e que desapareceran non facía moito tempo. Eran clubes que se fundaran a finais dos anos 20 principios dos anos 30. A verdade é que non son moitos os datos que puden recabar, pero vou intentar ordenar dun xeito entendible as cousas que fun recopilando, como a de que por exemplo, considérase que o mellor xogador que tivo o Unión nas súas filas foi un tal Cheíño, que chegou a facer as probas para ser o dianteiro centro do Real Madrid.
Iniciouse no fútbol federado na Primeira Provincial Sar-Norte, sendo o seu primer encontro un Unión 1 Sar 4. O primer punto chegaría na cuarta xornada cun Ulla 4 Unión 4 e a primeira vitória na xornada oito contra o Lestrove, ao que gañou por 3-2. Na 1970-71 xa xogaría na Segunda Rexional (Grupo Sar) ata que descendeu e a 1975/76 xa a xogou en Terceira Rexional, se ben só sería esa tempada, volvendo enseguida á Segunda Rexional para un novo derbi contra o Boiro.
Tras esa campaña os camiños do Unión e do Boiro separaríanse en liga por 34 longos anos!!!!
Na 1981/82 o equipo voltaba á Primeira Rexional, onde xogaría o derbi máis vibrante que pode xogar este equipo, ou sexa, contra o Taragoña. Na casa dos protagonistas da nota o resultado foi de empate a dous e no partido de volta, os cangrexeiros gañaron por 2-1.
Pouco a pouco a cousa melloraba, e na 1985/86 o equipo quedou campión no seu grupo de Primeira Rexional, e por fin, ao ano seguinte, xogaría na Rexional Preferente por primeira vez na súa historia e non o fixo mal, acadando un meritorio 12º posto de 20 equipos, se ben o Atalaya de Porto do Son, retirárase da competición. O primeiro partido do Unión en Preferente foi en Cée, onde perdeu 2-0 e na seguinte xornada, estreábase na casa cunha derrota por 1-2 ante o Xallas, chegando o primiero punto na terceira cun empate a dous contra o Ribeira, partido xogado tamén na casa. A primeira vitória sería na seguinte xornada por 0-1 ante o Xove Lago.
Outra tempada nada máis aguantou o equipo en Preferente, e xa dende ben cedo víase que tanto eles coma sobretodo o Fisterra non ían ser quén de manter a categoría, polo que os rianxeiros voltaban a Primeira Rexional. Quitando a 1990/91 na que sería segundo clasificado sempre estivo lonxe dos postos de ascenso, e xa, na 1992/93 chegou a debacle e o equipo descendía a Segunda Rexional.
O desastre non fixera máis que comezar, xa que na 1995/96 baixaban a Terceira e na seguinte campaña ni tan siquera participaban retirandose da competición. Na 97/98 volverían a xogar sendo segundos, só por detrás do Cabo de Cruz, posto que repetirían na seguinte quedando esta vez por detrás do Carreira. Na 1999/00 serían novamente segundos, desta vez tras o Porto do Son, pero eso sí, conseguindo o ascenso a Segunda Rexional.
No regreso a Segunda Rexional quedarían campións, pero non subiron de categoría e finalmente serían catro as tempadas ata acadar o ascenso a Primeira Rexional. Non se lles deu mal de todo o retorno a esta categoría, chegando a ser quintos ao final, pero a cousa foi enfriándose ata que por desgraza na 2008/09, o equipo, sendo 15º de 18, perdía de novo a categoría.
Tan só botaría un ano desta vez na Segunda Rexional, xa que foi campión nun grupo que estivo moi reñido polo título, non en vano, ademáis do Unión, estaban o Ribeira que foi segundo e o Puebla, que foi terceiro (78, 75 e 74 ptos respectivamente). O retorno a Primeira foi bastante bó, casi inmellorable porque noutro grupo moi apretado os nosos veciños foron terceiros e aínda así, cousa rara nesta categoría, acadaron de novo o ascenso a Preferente con 64 ptos por detrás de Xallas con 67 e Dumbría con 65. Detrás quedaron co mel nos beizos o Sada con 63 e Olímpico con 62.
Os encontros de maior rivalidade do Unión, son contra o Taragoña |
Co retorno a Preferente acabouse o punch do equipo, e remataron no penúltimo posto só por diante do Foz e moi lonxe dos postos de salvación. Dende aquela e ata a tempada pasada, o Unión estivo xogando na Primeira Rexional, e posiblemente a pandemia lle vira ben ao equipo, porque cando se suspenderon as competicións, ocupaba posto de descenso a Segunda xunto co Volantes de Baño e Ribeira.
Compostela-Unión en San Lázaro (Preferente 2011/12) |
Na seguinte non competiron e xa na pasada tempada, o equipo fixo unha gran campaña e na fase regular quedaron primeiros por diante do Ribeira e do Flavia, e a liguilla de ascenso remataría de modo similar apesar do susto que levaron na segunda xornada desa liguilla ao perder 2-3 contra o Baio. A emoción estivo ata o final, xa que na derradeira xornada chegaban con opción os dous equipos da Barbanza. O Ribeira iba gañando con claridade ao Mazaricos no descanso, mentres que un Unión, quizais atenazado polos nervios, no tempo de lecer iba perdendo 0-2. No minuto 67 Seijas, no 75 Ismael e xa, cando non quedaba tempo para máis, Xurxo anotaba o gol da vitoria para o Unión deixando aos siareiros do Cidade de Ribeira cunha gran decepción, e ca mosca detrás da orella pola épica remontada dos rianxeiros.
Festexando o ascenso a tempada pasada |
Non lle van moi ben as cousas no retorno a Preferente; polo de agora nada máis acadaron un puntiño cun empate a dous goles no campo do Victoria. O resto dos encontros saldáronse con derrotas. Unha cousa a ter en conta é que o Unión, a pesar de ser penúltimo, agás na primeira xornada, marcou en todas, se ben é certo que tamén encaixou en todas, levando ata o de agora 6 goles a favor e 15 en contra.
Nas filas do Unión contan cun home que aquí coñecemos ben e que sabemos da súa capacidade goleadora, así que o domingo seguramente volvamos a ver xogar en Barraña a Saviola. Non será o único no Unión que pasou polo Boiro o a súa canteira; Carollo, Anxo, Pablo Novo, Christian, Chicho e Dani Silva vestiron nunha ou noutra categoría, a elástica boirista.
Outra cousa moi boa do Unión, e que cumpre resaltar, é que a maioría dos xogadores da plantilla son naturais do concello, e os poucos que non o son, son da bisbarra do Barbanza. Destacar tamén que o clube conta con equipos dende categoría biberón ata senior masculino e feminino.
O Municipal de Vilas onde xoga o Unión coma locatario, campo moi novo xa que foi inaugurado o 31 de marzo do 2010, conta cunhas dimensións de 102x65 e a mágoa é que o terreo de xogo é de herba artificial.
O colexiado para o derbi vai ser Alexandre García Mosquera, do Colexio da Coruña, e que nesta tempada en preferente, xa dirixíu o Sigüeiro 1 Portomarín 0 no que amosou bastantes cartóns, un amarelo aos locais e cinco aos visitantes sendo dous deles ao mesmo xogador ca correspondente expulsión.
Ao Boiro dirixiuno na cuarta xornada da 2020/21, nun partido de negro recordo para os nosos, non só pola derrota por 1-0 no campo do Dubra, senon porque os nosos rivais dese día viron tres amarelos por sete dos nosos, pero é que Iago e Diego Ramos viron dous o que levou consigo a expulsión. Os outros tres cartóns foron para Adrián Pereira, Elier, e Adrián Santos. O colexiado foi elexido o mellor aárbitro da temporada 2019/20, se ben daquela, estaba en Primeira Rexional, o que lle valeu o ascenso a Preferente. Sorte para o trencilla este domingo.
O Colexiado Alexandre García Mosquera |
No hay comentarios:
Publicar un comentario