ATLÉTICO ARTEIXO
LOCALIDADE: Arteixo
ESTADIO: Ponte dos Brozos
(2000 espectadores)
ANO FUNDACIÓN: 1949
TEMPADAS EN PREFERENTE: 23
Nesta terceira xornada vennos visitar un histórico do fútbol galego, o Atlético Arteixo, que afronta a que é a súa vixésimo terceira tempada na Preferente, e que chegou a competir alá pola tempada 2004/05 na extinta 2ªB, con catastrófico resultado, e non só no deportivo. O Arteixo foi outro deses clubes aos que subir á 2ªB sinificou un mazazo económico e incluso moral, chegando a estar moi preto da desaparición.
Algúns xogadores ilustres vestiron a súa camisola, como Lucas Pérez, ou que servíu como retirada aos ex deportivistas, Manjarín e Nando.
Na tempada pasada, o Atlético
Arteixo tivo unha máis que discreta actuación, se ben non é quizais a máis
representativa por mor de como discirríu toda a tempada. Xogara no subgrupo A
do Grupo Norte da Prefente quedando 6º con 13 puntos, tan só por diante do
Laracha, e non nos debemos fiar dese dato porque este equipo é un dos máis
poderosos económicamente da categoría. Por sorte esto non sempre se reflicte
despois nos resultados sobre o terreo de xogo, pero polo visto nas dúas priemiras xornadas, quizais estemos falando do rival máis duro co que nos imos enfrontar nesta primeira fase.
Arteixo é un concello de case 33.000 habitantes, sendo o seu despegue poboacional a partir dos anos 90, debido á súa proximidade á capital provincial, na que os elevados prezos da vivenda fixo que moitos mozos por aqueles tempos buscaran a súa vivenda en concellos do alfoz coruñés. Sen dúbida, o máis coñecido de Arteixo é o imperio Inditex, pero eu que son un romántico da vida, non cambio eso pola simpatía e o que me fixo soñar de mozo don Arsenio Iglesias. Sempre é él o primeiro que se me ven á cachola cando oio falar de Arteixo. (Ata lle pasei por alto o de que fora a adestrar ao Real Madrid). Agardo que con este comentario non se ofendan os meus amigos siareiros do Celta.
Sen dúbida, o mellor que hubo en relación adestrador/boa persoa |
Fora de coñas, aparte de Inditex, a economía de Arteixo, tamén é forte pola multitude de empresas que hai (máis de 100) no seu polígono industrial de Sabón, un dos máis importantes de Galicia. O que fora noutros tempos un xornal de referencia, A Voz de Galicia, tamén ten aquí a súa sede central. A refinería de Repsol tamén ten parte nos terreos arteixáns. A extensión do concello é de 96 kms cadrados e conta con 13 parroquias.
Ten este concello varios sitios que paga a pena visitar, como a Praia de Barrañán, (a pesar do nome é máis pequeña ca nosa Barraña), ou moi cerquiña a Fraga e Muíños de Sisalde. Ademáis desto, xunto ao campo de Futbol onde xoga o Arteixo, hai unha ponte co mesmo nome co estadio, Ponte dos Brozos, ao que se lle supón un pasado romano e que pertencía á Vía Per Loca Marítima. A piques estivo de quedar engullido polo polígono industrial, do que o separan o ancho dunha rúa, e forma parte do paseo fluvial. Unha mágoa que unha ponte así quedara tan “encerrada” polo progreso?
O equipo fundouse aló polo ano 1949, por Fernando Insua e Eduardo Martís. Nacía co obxectivo de facerlle sombra ao equipo grande da bisbarra por aquel entón, o Penouqueira, equipo da Baiuca e datado do 1924, no que xogou Arsenio Iglesias.
Tivo uns comezos duros, como case tódolos equipos de pobo, e sería a finais dos setenta e principios dos oitenta cando xa acadaría nivel para xogar polo ascenso á Preferente, que o tiña acadado nalgunha tempada pero que tivo que renunciar, como foi o caso da tempada 1982/83 na que quedou primeiro, pero renunciou o ascenso, acadandoo na 1984/85. Na seguinte sería o seu debut na Preferente, pero a pesar de quedar noveno e salvar a categoría nos terreos de xogo, o equipo renunciaría á praza e voltaría á Primeira Rexional, para na seguinte voltar a subir, e desta vez sí, para quedarse.
Xogaría en Preferente de xeito ininterrumpido ata a tempada 1997/98, na que acadou o seu primeiro ascenso á Terceira División cuns números apabullantes; 32 vitorias en 38 partidos e 104 goles a favor.
Non foi unha estrea soñada na Terceira nin moito menos, de feito baixarían de novo a Preferente. O debut en sería na casa contra o Somozas co resultado de 0-0. Non tardaría en voltar á Terceira, só tardou dous anos en conseguilo, tras derrotar no play off de ascenso ao Atlético Guardés por 4-1 no encontro de ida, e perder no de volta 1-0.
Con toda a forza ía o Arteixo, ao que parecía que lle chegaban parte das forzas daquel veciño Eurodepor, e xa na segunda tempada xogaría play-off de ascenso a 2ªB tras quedar terceiro por detrás de Cerceda e Depor B. Nese play-off que foi en formato de liguilla, quedou 2º por detrás do Palencia, a 3 puntos, e por diante do Navalcarnero e o Uvieu B.
Sería na seguinte, na 2003/04 cando tras ser segundo na fase regular quedando por detrás tan só do Cerceda, xogaría a Fase de Ascenso, desta vez no formato de eliminatorias, eliminando ao Atlético Pinto por 0-0 en Madrid e 2-0 en Arteixo, e na final ao todo un Real Oviedo (o que está agora en Segunda, non o filial), gañando por 1-0 na casa e perdendo no Carlos Tartiere por 3-2. O Arteixo era equipo de Segunda B. 3000 ovetenses desplazáranse ata Arteixo, e os 21000 siareiros que encheron o Carlos Tartiere non amilanaron ao equipo no encontro de volta. Os ovetenses non se tomaron nada ben a eliminación e saltaron ao terreo de xogo no que chegaron a agredir a algún xogador arteixán.
O Atlético Arteixo no Carlos Tartiere |
Festexando o ascenso a Segunda B |
Moi dura foi a tempada na Segunda B para os nosos rivais deste domingo, que no primeiro encontro nesa categoría, perdería por 1-2 ante o Rayo Vallecano. Leganés, UD Las Palmas, Alcorcón… Serían outros dos rivais do Arteixo, nunha tempada na que tiveron que viaxar ás Canarias ata en sete ocasións. Non chegaría a primeira das cinco vitorias ata a xornada 11, na que derrotaría por 2-1 ao San Sebastián dos Reis.
Pronto aparecerían máis problemas cos resultados, e que ao longo foron máis graves, esto é, os problemas económicos. O equipo remataría último clasificado, a moitos puntos da salvación, pero a retiradas de apoios económicos, os impagos aos xogadores e as conseguintes denuncias, levaron ao equipo de volta a Preferente sen pasar pola Terceira. E non rematarían os problemas aí, nese retorno a Preferente, o equipo quedou penúltimo nunha tempada desastrosa. En dous anos pasouse de xogar na 2ªB, a facelo en 1ª Rexional. O soño do Arteixo, convertíuse en pesadelo.
O equipo non perde o obxectivo de
voltar a Terceira, pero din que agora están máis centrados nos equipos de fútbol
base cos que están conseguindo un gran número de deportistas e alcanzando
importantes logros, pero xa vimos nas dúas priemiras xornadas de que van a por todas (Arteixo 4 Pobra 0 e Paiosaco 0 Arteixo 2).
A verdade é que vaia inicio de tempada máis duro para os nosos…
O actual Arteixo que preside D.
Francisco Luis Gil e que adestra Xoan Riveiro, ten bastantes caras novas,
e moitas delas son de xogadores da zona e que incluso xa teñen vestido a
camisola do Arteixo.
Nas 22 anteriores tempadas en Preferente, o Atlético Arteixo xogou 796 partidos, dos que gañou 354, empatou 201 e perdeu 241. Anotou 1290 goles e encaixou 926. No noso subgrupo é o segundo equipo con máis tempadas na Preferente, só por detrás do CD Boiro.
A pesar de que ambos equipos estiveran tantos anos en Preferente, non son moitos os enfrontamentos que tiveron, de feito ata o de agora só coincidiron en seis tempadas e sempre, eso sí, en Preferente, nunca xogaron entre eles noutra división.
Contra o Arteixo os números non nos son nada favorables, de feito en Arteixo, onde xogamos cinco veces, xa que o que tiña que ser a sexta non se chegou a facer por mor da pandemia, non só non gañamos nunca, e que aínda non metimos un gol!!!!! E na Barraña, aínda que algo mellor, tampouco e para botar foguetes. A ver se van trocando as tornas este ano.
Mete medo a táboa anterior. Como curiosidade, esta é a sétima tempada na que nos enfrontamos, e é a sexta na que o encontro da primeira volta é en Barraña.
As últimas dez tempadas do Atlético Arteixo:
O estadio no que xogan os nosos rivais cando o fan como locais, chámase Estadio Ponte dos Brozos, con capacidade para 2000 persoas, de herba natural e as medidas do terreo de xogo son de 100x62 e é de herba artificial DUAL XN, un sistema calificado como FIFA Quality Pro. Ademáis, conta con sala de vídeo, sala de reunións, ximnasio, e oito vestiarios; unha auténtica maravilla para esta categoría. O campo atópase na Avenida Arsenio Iglesias e foi inaugurado no ano 2000.
Estadio Ponte dos Brozos (Foto da web do equipo) |
Ximnasio dentro do estadio (Foto da web do equipo) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario