SI PULSAS SOBRE LAS ALTIGRAFÍAS Y FOTOS, PODRÁS VERLAS A TAMAÑO COMPLETO.


Agradecer a Salvador Hernández su ayuda en la configuración de este blog. Gracias Salva.



miércoles, 13 de octubre de 2021

 XALLAS FÚTBOL CLUB


LOCALIDADE: Santa Comba

ESTADIO: A Fontenla (500 espectadores)

ANO FUNDACIÓN: 1966

TEMPADAS EN PREFERENTE: 13

Toca nesta cuarta xornada desplazarnos ata Santa Comba para enfrontarnos ao Xallas Fútbol Club, o clube senlleiro da bisbarra do Xallas e que foi fundado orixinariamente no ano 1966 co nome de Xallas Club de Fútbol, pero no 2012 xuntouse co outro equipo da localidade, o Santa Comba Fútbol Club, que fora fundado no 1980 e que chegou a disputar ata seis tempadas na Terceira División, da 2005/06 á 2010/11. Este clube tamén chegou a xogar baixo o nome de Atlético Mineiro. Dende o momento da fusión ata o 2015 o nome oficial do clube era Xallas de Santa Comba Fútbol Club. Non foi o nome o único que fusionaron, xa que a equipación do Xallas era verde e a do Santa Comba era laranxa. Tamén ata o 2015 a camisola do novo equipo era verde e laranxa e as medias verdes con raias laranxas horizontais. Feito este apuntamento, cando me refira a partir de agora aos datos históricos fareino cos datos do Xallas, obviando os do Santa Comba.

Ata esta xornada, o Xallas xogou 3 encontros, xa que o da primeira xornada ante o Estudiantil que fora adiado, disputouse este martes festivo con victoria para os nosos protagonistas da nota por cero tantos a dous con goles de Adán e de Doro. Nas outras duas xornadas, perdera ante o Laracha por 1-2 e por 4-0 ante o Fisterra.

Santa Comba, como non podía ser doutro xeito, sufre a despoboación do rural, e nos 204 kms cadrados do seu extenso concello (o cuarto máis grande da provincia) alberga a 9360 habitantes repartidos por 17 parroquias.

Para os que vaian desplazarse a alentar aos nosos xogadores ata a Fontenla,  poden coller folgos ao xantar no Retiro da Costiña, o que quizais sexa o mellor restaurante da vila combesa, ou se queren algo máis económico, poden escoller entre Casa Aurelio ou Restaurante Leandro. Se queren un cerquiña do campo de fútbol, A Nosa Taberna atópase ao carón do estadio. 

Adega do Retiro da Costiña (Fonte: O Tenedor)

Imaxe do Retiro da Costiña (fonte Galicia Turismo)

Ollo a este equipo, que non aparece en moitas quinielas para ser dos de estar arriba, pero eu penso que pode ser o equipo revelación. Combina moita xuventude con pingas de veteranía destacando a de Stefan e Alex Blanco na dianteira e a do incombustibel Doro que con 43 anos é un dos máis veteráns da categoría; un xogador que só xogou ou no Xallas ou no Santa Comba pero, a inmensa maioria do plantel non pasa dos 23 anos. A ver como mistura esta combinación o seu adestrador, David González Otero.

 


O Xallas atópase na que está sendo a súa 14ª tempada en Preferente, e ata o de agora nunca estivo en Terceira División, obxectivo que queren alcanzar non período non moi longo de tempo. Nas disputadas ata este ano, xogou un total de 450 partidos dos que gañou 139, empatou 112 e perdeu 199; marcou un total de 559 goles e encaixou 703.

Nas disputas contra o CD Boiro, saímos claramente gañadores no cómputo xeral, (non así se temos en conta os que tivemos contra o Santa Comba). Catro foron as tempadas nas que cruzaron os seus camiños combeses e boirenses, sempre en Preferente e na nosa casa gañamos dous encontros e empatamos outros tantos sen coñecer polo de agora a derrota contra o equipo verde. Na Fontenla vai parecida a cousa, xa que gañamos dúas veces e empatamos outra. O partido que falta respecto aos disputados en Barraña e en Valiño (17-11-2019) foi pola suspensión da campaña 2019/20 polo carallo do COVID.

E agora os resultados, só como curiosidade dos enfrontamentos contra o Santa Comba ou Atlético Mineiro. A cousa ía moito peor…

E agora os números das 10 últimas tempadas dos xalleiros.

O Xallas xoga os seus partidos no Campo da Fontenla, situado na Rúa de Lugo, xusto a mán esquerda según se chega a Santa Comba pola AC-400. Dende Boiro indo por Noia e A Pereira polo alto da Pesadoira leva algo menos dunha hora.

O terreo de xogo é de herba artificial cunhas dimensións de 100x66 e que foi estreado fai pouco, e como había sesión de fotos para inmortalizar tal evento, pois claro, contou ca presenza de Rafael Louzán, que ademáis estivo acompañado por Luis Rubiales. 375.000€ costou a remodelación do campo, que aparte da herba tamén renovou porterías e banquillos. Na súa bancada caben 500 siareiros.

Inauguración do novo terreo de xogo con Luis Rubiales (La Voz de Galicia)

A ver se desta vai e o noso CD Boiro atopa dunha vez o sendeiro do triunfo e comezamos a escalar posicións, que a cousa vaise complicando. Estase xogando ben, pero falta materializar as ocasións de gol. #ForzaBoiro

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E dis de subir ata alá arriba?
E ti sei que me fodes!