CIDADE DE RIBEIRA CLUB DE FUTBOL
Escudo do Cidade |
LOCALIDADE: Santa Uxía de Ribeira
ESTADIO: A Fieiteira (2200 espectadores)
ANO DE FUNDACIÓN: 1968 (Refundado no 2020)
TEMPADAS EN PREFERENTE: 20 ca actual (25 contando ca Serie A)
O noso visitante de hoxe, o Cidade de Ribeira naceu no ano 2020 ca unión do mítico Atlético Ribeira, co fixera no 1968 e o Sálvora C.F. que era do 2005. Para o artigo desta vez, colleremos a liña do Atlético Ribeira.
Últimas tempadas do Ribeira |
Son moitas as ocasións na que se enfrontaron os dous equipos, pero debido a próximide e a a traxectoria de ámbolos dous clubes tampouco son tantas, de feito por veces parece que andaban a escapar o un do outro, como na tempada 1983/84 na que o Boiro quedaba campión de Preferente e ascendía a Terceira e nesa mesma campaña, os de Ribeira perdían a categoría despois de varias tempada en Terceira e baixaban a Preferente, ou na 2012/13 na que despois de moitas tempadas en categoría provincial subía o Ribeira a Preferente na que o Boiro levaba moitos anos, pero xusto desa vez, o Boiro acada o ascenso a Terceira.
O Atlético Ribeira fundouse no 1968, un ano despois co noso Boiro, e a primeira vez que se enfrontaron foi o 24 de novembro de 1968 en Barraña, na cuarta xornada da 1ª Rexional (Liga do Sar) aínda que descoñezo o resultado. No partido da segunda volta, na xornada 13, o resultado foi de empate a un tanto. Ese ano fora primeiro o Ribeira e nós segundos, pero non sería quén de ascender finalmente.
Números históricos do Ribeira |
Cinco tempadas consecutivas serían as que xogarían na coñecida como Liga do Sar, para despois xogar unha na que se coñecía como Serie A (actual Preferente pero dun só grupo) e na campaña 1980/81 sería a única vez na que coincidirían na Terceira División na que o Boiro, a pesar de ser o colista ese ano, foi quén de gañarlle aos nosos veciños nos dous partidos.
Unha nota curiosa... en tantos enfrontamentos que tiveron, tan só hubo un empate en Barraña, e foi xusto na antes mencionada Serie A na tempada 1977/78 co resultado de 1-1.
Enfrontamentos Boiro-Ribeira |
Na década dos 80 só se viron as caras nesa campaña de Terceira, e despois, na dos 90 si que xa coincidiron moitas máis veces, eso sí, casi dun xeito xeral na 1ª Rexional na que os ribeirenses tíñannos ben tomadas as medidas. Na década dos 2000, a cousa igualouse algo, se ben en Ribeira apenas fumos quén de sacar algún resultado positivo.
Os derbis entre Boiro e Ribeira soen ter bastantes goles, máis no campo da Fieiteira, do que saímos goleados en varias ocasións (cinco foron as veces na que nos trouxemos cinco goles de Ribeira, e incluso en Barraña chegaron a meternos cinco nunha ocasión). A maior goleada a prol do Boiro en Barraña foi na 2005/06 (a última vez que xogaron ata o de agora) cun 4-0 e as maiores goleadas do Ribeira en Barraña foron na segunda xornada da 95/96 en 1ª Rexional cun 1-4 ou na xornada 33 da 1992/93 en Preferente cun 2-5. (Ese ano baixaran os dous equipos a 1ª Rexional)
Resumo histórico do Boiro contra o Ribeira |
En Ribeira as goleadas principais foron un 5-0 na 1977/78 na Serie A e despois varios 5-1, mentres que a prol do Boiro, foi un 0-4 na 7ª xornada da 2003/04 en Preferente.
Son moitos os xogadores que pasaron ao longo destes anos polos dous equipos, e actualmente no Ribeira temos a Adrián, Pablo Pérez, Jon, Viturro...
Actual plantilla do Cidade de Ribeira |
O Campo da Fieiteira no que xogan como locais leva xa varias reformas, e xa hai outra en camiño na que dispondrá de aseos novos, unha cantina exterior e varias melloras máis... en resumo, que o vetusto Barraña se está quedando só en moitos kilómetros á redonda como un campo vello e deficitario. A Fieiteira conta tamén con pistas de atletismo, e levan o nome de Ana Peleteiro.
A Fieiteira |
O Colexiado para o día de hoxe é Nicolas Elespe Tireux, do colexio santiagués e que aparte de mestre de francés, é Técnico de Exportación Industrial en Aluminios Cortizo.
Nesta tempada asubiou un EFM Concello de Boiro 3 Calasanz Coruña de 3 (Infantís) e en Preferente leva dirixidos os Valladares 1 Xuvenil Ponteareas 1; Castro 2 Lemos 2 e Allariz 2 Porriño Ind. 2
Elespe Tireux |
Agora só queda agardar que o partido sexa bonito e interesante, entre dous veciños que están para levarse ben, que hoxe gañe o CD Boiro e desexarlle aos nosos rivais moita sorte a partir das 18:30 de hoxe. O dito, ogallá sexa unha festa o partido e que este rencontro, 17 anos despois, sexa recordado como unha festa do fútbol sen altercardo algún.
No hay comentarios:
Publicar un comentario