SI PULSAS SOBRE LAS ALTIGRAFÍAS Y FOTOS, PODRÁS VERLAS A TAMAÑO COMPLETO.


Agradecer a Salvador Hernández su ayuda en la configuración de este blog. Gracias Salva.



miércoles, 22 de septiembre de 2021

UNIÓN DEPORTIVA PAIOSACO

UNIÓN DEPORTIVA PAIOSACO
LOCALIDADE: Paiosaco-Lestón (A Laracha) 
ESTADIO: Nova Porta Santa (1000 espectadores)
ANO FUNDACIÓN: 1961 
TEMPADAS EN PREFERENTE:
Pois comeza unha nova tempada de fútbol para o noso querido Clube Deportivo Boiro, e vaino facer na casa, na nosa Bomboneira de Barraña, e a ver se pode ser sen sobresaltos e pouco a pouco ímoslle dando carpetazo dunha vez por todas á maldita pandemia que tan aburridos xa nós ten e que leva tanto tempo condicionando todo no día a día. O noso equipo chega ao comezo de liga tras facer unha pretempada cuns resultados que non foron moi bos ao principio, pero que pouco a pouco foron mellorando e chegamos ca ilusión de poder facer un bo papel, e creo que podemos destacar a capacidade de reacción que parece ter o equipo e que no derradeiro encontro da pretempada fíxoxe patente ao remontar un 2-0 contra o Céltiga na Illa para gañar finalmente por 2-3. 
Para comezar esta ilusionante 2021/22, visítanos un recén descendido da Terceira División, ao quedar no décimo posto na última fase da liga na que había 12 equipos e na que baixaban dende o quinto clasificado.
Xa se veía dende a primeira fase que o equipo non iba ter doado o acadar a permanencia, xa que quedara de último clasificado con tan só unha vitoria ante o Fabril por 1-0, e a pesar dos empates que obtuvo, foi o último clasificado no Grupo 1-A da Terceira División. Como recén descendido, e cuns reforzos de importancia, o Paiosaco está chamado a ser un dos equipos a loitar polo ascenso, e de seguro que a de estar arriba. Algúns deses reforzos son o adestrador Diego Armando García, o lateral Popi, o central Miguel Días, o medicentro Martín, ou os dianteiros Alvarito e o que fora un “killer” do área, Alex Pérez. Aparte das novas fichaxes, destacar que o equipo mantén o 85% do plantel da tempada pasada, polo que a pouco ben que se adapten as novas incorporacións, o equipo xogará casi “de memoria”. A media de idade dos xogadores é de 25.3 anos.
Paiosaco é unha entidade de poboación do Concello da Laracha, parroquia de Lestón, moi próxima ademáis á capital municipal, situada ao longo da estrada AC-552 (A Coruña-Cee), ten unha poboación de 727 habitantes, e é famosa a súa Feira, a celebrar no primeiro e no terceiro domingo de cada mes, e que están adicadas principalmente aos productos gastronómicos galegos, destacando entre as 24 feiras a celebrar, a que se chama a Feira das Cereixas o primeiro domingo do mes de Xullo, e que se celebra por todo o alto durante todo o día con charangas, concertos e múltiples actividades. 
O Boiro xogará no segundo domingo de decembro o partido de volta, así que quedamos sen feira… a no ser que aproveitemos o desplazamento do domingo anterior que é a Laracha (5/12/2021) da que tan só a separan 3 kilómetros. Centrémonos no futbolísitico. O equipo fundouse no ano 1961, e actualmente, o nome oficial do equipo é Unión Deportiva Paiosaco, Hierros Añón. O seu presidente é Carlos García Rodo e leva no cargo dende o ano 2015. Chama a atención o escudo do equipo, que lembra pola sua parte superior, aos do Valencia C.F. ca Rat Penat coroando o mesmo. De feito, os fundadores do equipo inspiráronse no escudo do Valencia e xustificaron a decisión porque na bisbarra onde se asenta Paiosaco hai moitos morcegos. Non son os únicos que se inspiraron no escudo valencianista, xa que hai outro equipo na Rioxa que fixo o mesmo, e o máis curioso é o do Motema Pembe do Congo, cuxo escudo era calcado ao do Valencia. 
O Paiosaco vai disputar a súa novena tempada en Preferente, despois de xogar tres tempadas na Terceira, na que debutou na 2018/19 acadando un meritorio 15º posto. Na seguinte fora último, pero como non hubo descensos, pois repetiría a tempada pasada, e desta vez sí, descendendo a Preferente. Nas oito tempadas anteriores en Preferente, xogou un total de 302 partidos, dos que gañou 117, empatou 73 e perdeu 112, anotando un total de 449 goles e encaixando 467. Debutou nesta categoría na tempada 1984/85 gañando por 2-1 ao Atlético Ribeira, quedando ao final da tempada no posto 11º. O balance cos encontros disputados contra o noso C.D. Boiro en Barraña é moi positivo para nós, xa que o Paiosaco nunca gañou en Barraña nas sete ocasións nas que nos enfrontamos, cinco en Primeira Rexional, unha en Preferente e outra en Terceira. Outra cousa xa é nos partidos xogados alá, onde so gañamos unha vez. Aos enfrontamentos que aparecen a continuación, hai que engadir unha especie de play-off que xogaron na tempada 1972/73 na que o Boiro foi campión da Liga do Sar, e o Paiosaco da Liga de Arteixo, que eran equivalentes á actual Primeira Rexional, pero descoñezo o resultado, pero nese ano foi a primeira vez que ámbolos os dous equipos, enfrontaríanse entre eles.
Os números da UD. Paiosaco nas últimas 10 tempadas son os seguintes:
A U.D. Paiosaco, ademáis de co equipo senior, conta cun equipo feminino na 2ª División da Liga Galega, con dous equipos xuvenís, estando o equipo A na 1ª Autonómica, e con multitude de equipos base dende Cadete ata categoría biberón, ademáis de un clube de Veteráns. 
Pois xa coñecemos un pouco mellor a historia da U.D. Paiosaco, que a ben seguro ten pendente por escribir moitas e moi boas páxinas, e nós agardemos que a súa primeira vitoria en Barraña aínda tarde en chegar, o que si a historia se repite, o que está claro é que imos ver un encontro con bastantes goles. Todo sexa polo ben do espectáculo
Aínda que xoguemos na Barraña, comentar que o campo onde xoga a U.D. Paiosaco chámase A Nova Porta Santa, con capacidade para 1000 espectadores (máis capacidade que habitantes ten o lugar) e que foi inaugurado no ano 2005. É de herba artificial e as diemensións do terreo de xogo é de 105x65.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E dis de subir ata alá arriba?
E ti sei que me fodes!