CLUB DE FÚTBOL BOIMORTO
LOCALIDADE: Boimorto
ESTADIO: O Carballal (1000
espectadores)
ANO FUNDACIÓN: 1977
TEMPADAS EN PREFERENTE: 5
Para a sétima xornada tócanos recibir ao Clube de Fútbol
Boimorto, o que tivo un comezo de tempada espectacular pero que parece está empezando a sufrir un pouco e xa leva tres derrotas consecutivas. As dúas primeiras xornadas foron sendas vitórias, e na terceira un empate, así que a esta ornada chega no oitavo posto, xusto un por diante de nós e cun punto máis, 7. Leva anotados tres goles (nas dúas primeiras xornadas) e encaixados once. Agardemos que esa sequia goleadora que xa dura 380 minutos, aguante polo menos outros 90 e que a puntería do Boiro mellore un chisco.
O concello de Boimorto, situado na bisbarra de Terras de Arzúa, ronda os 2000 habitantes que están repartidos por 13 parroquias nos seus 82 kms cadrados e que chegou a ter case 6000 habitantes na década dos 50 do século pasado. A principal fonte de ingresos deste concello principalmente chega por actividades do sector primario, destacando as explotacións gandeiras bovinas, sendo as orientadas á producción láctea a maior parte delas, aínda que as destiñadas á producción cárnica ramén teñen un peso moi importante.
Boimorto é o berce de Luz Casal, e por iso e alí onde se leva a cabo un dos festivais de música máis coñecidos do noso país, o Festival da Luz, na honra de Luz Casal e non na de Iberdrola, Naturgy ou Endesa… que de honra teñen moi pouca, por non dicir ningunha.
O equipo co que nos enfrontamos este domingo, fundouse o 21 de maio do 1977, sendo os artífices un grupo de amigos encabezados polo que nese momento era o alcalde, Don Manuel Regueiro Correa, sendo o encontró de presentación, un correspondente ao I Trofeo Festas do Rosario celebrado ante o Melide Atlético o 4/09/1977 ao que gañaron por 3-1. O debut en competición oficial foi na Primeira División do Campeonato Comarcal da Montaña, na que xogaban equipos da contorna, tanto da provincia coruñesa como da de Lugo e da de Pontevedra (Palas, Lalín, Taboada…) na que quedou segundo tan só por detrás do Chantada e pasando a xogar na tempada seguinte na Segunda Rexional, na que prácticamente quedaron rexistrados os mesmos equipos que nesa Primeira da Montaña, o único que cambiou a denominación. O debut en competición oficial foi un 20 de novembro de 1977, e sería en Portomarín gañando por 0-3. Na 81-82 xa xogaría na Primeira Rexional na que o seu primeiro encontró nesta categoría sería na casa contra os nosos veciños do Sporting Lampón cos que empatarían a un tanto. Nesa tempada, fan un moi bo papel, e suben xa por vez primeira á Preferente, sendo o seu debut na casa contra o Corcubión perdendo por 0-2. Tardarían seis xornadas en anotar o seu primeiro gol nun encontró que perderían contra o Barallobre por 2-1, e a primeira vitória chegaría na seguinte xornada ao gañar ao Milagrosa por 5-1. Na tempada do debut, o equipo quedaría último clasificado contan só catro vitórias e outros tantos empates e trinta derrotas. Ese ano o noso CD Boiro sería cuarto clasificado.
![]() |
Boimorto 1978/79 |
Non voltaría o Boimorto a xogar na Preferente ata a 1989/90, perdendo novamente a categorías ás primeiras de cambio e chegarían anos escuros para o clube, xa que baixarían ao ano seguinte novamente, non nos terreos de xogo, pero renunciaron á categoría e voltarían á Segunda Rexional, que cos cambios organizativos no futbol autonómico, na seguinte tocoulle xogar no pozo da Terceira Rexional, na que ademáis sería último clasificado encaixando 131 goles en 31 encontros.
![]() | |
Plantilla do ascenso 1988/89 |
Foron moitos os anos nos que os nosos protagonistas penarían polas últimas categorías do fútbol galego, tantos como que na 2010/11 estarían en Terceira Rexional. Tan só estarían un ano na Segunda para competir despois na Primeira Autonómica ata a 2016/17 na que serían campións, para ascender a Preferente e xogar xa de xeito “case ininterrumpido” ata o día de hoxe. O de case ininterrumpido ven a que na tempada da pandemia, foi un dos equipos que decidíu non competir.
Nesta tempada como xa dixen antes, tivo un comezo prometedor ata a xornada catro onde levaron un moi serio correctivo no campo do Paiosaco onde perderon por 6-0, conta con xogadores con moita experiencia, como por exemplo Jalecho, o xogador sirio de 41 anos e que leva no clube con esta un total de 10 tempadas ou a de Marc, que conta tamén con 41 primaveras. Tamén teñen a xuventude do rápido dianteiro de 20 anos Oscar Vizcaíno ou a do defensa Iago Vigo de 19. O equipo é adestrado por Pablo del Val, que foi o adestrador que levara ao equipo dende a Terceira á Primeira Rexional.
Poucos enfrontamentos hai entre o Boiro e o Boimorto, dous tempadas ata o de agora, a 1982/83 e a 2019/20. Na primeira delas, o partido en Barraña fora na xornada 31 e non atopei por ningures o resultado, e na segunda, o encontró de Barraña teríase que disputar na xornada 28, pero como xa sabedes, ese ano a liga en Preferente ramatou na xornada 26.
No campo do Boimorto, os resultados foron de 1-2 na xornada 12 da 82/83 e de 0-2 na xornada 9 da 2019/20 con goles neste último partido de Cardeñosa no minuto 15 e de Paco no 29, este de penalti.
![]() |
Boimorto-Boiro na 2019/20 |
Táboa co resumo das 10 últimas tempadas do CF Boimorto.
O campo no que o CF Boimorto xoga como local chámase o Carballal, e din que ten capacidade para 1000 espectadores. Conta cunha pequeña bancada cuberta, e con outro campo para adestrar ao carón do principal, así como as piscinas municipais. As dimensións do terreo de xogo son de 96x68 e é de herba natural. Atópase un pouco retirado do pobo, a kilómetro e medio máis ou menos na estrada CP-0603 que une Boimorto ca N-634, pero para ir dende Boiro cando nos toque xogar alí, o mellor é ir ata Arzúa e despois de alí a Boimorto pola AC-234; en total uns 90 kilómetros que nos pode levar facer unha hora pouco máis ou menos.
![]() |
A bancada do Carballal no último Boimorto C.F.-C.D. Boiro |
Este domingo, o colexiado será Alberto Lago Barreiro, do Colexio de Lugo, que nesta campaña asubiou o Atlético Escairón-Santaballés na primeira xornada e que rematara con empate a un tantos (goles nos minutos un e catro de partido) Os locais viron cinco cartóns amarelos e un vermello mentres que os visitantes foron amonestados con tres amarelos.
Na semana pasada arbitrou o encontro de Primeira Nacional Feminina, Friol 4 Deportivo "B" 2.
Este colexiado dirixíu na pasada campaña dous encontros do Boiro, na xornada 1 o Xallas 1 Boiro 1 no que pitou un penalti a favor dos de Santa Comba no minuto 60 e que sería o 1-0. Sacou cinco cartóns amarelos ao Xallas e polo Boiro o viron Borja Outeiral, Paco, Juanma e Borxa Garrido.
Tamén asubiou o partido contra o Xallas na segunda volta en Barraña no que gañamos 5-2 e sacou tres cartóns amarelos a cada equipo, sendo os amonestados do Boiro, Elier, Adrián Santos e Juanma.
![]() |
O colexiado do domingo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario